Saltar ao contido

Os Ventos de Comesaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Os Ventos de Comesaña
 Instancia de
Características
 Tema principal
Localización
 Lugar de formación
 País
Wikidata

A Asociación Folclórica Tradicional Os Ventos de Comesaña é un colectivo cultural galego dedicado á recuperación, preservación e difusión do folclore tradicional de Galicia. Ten a súa sede en Santo André de Comesaña (Vigo).

O grupo naceu en 1979 como unha actividade extraescolar do colexio público Párroco Don Camilo. En 1980 constitúese oficialmente como Sociedade de Gaitas e Baile Rexional Os Ventos de Comesaña. A finais da década de 1980 comezou unha intensa actividade internacional, participando en festivais en Francia, Israel, Checoslovaquia, Italia ou Polonia. Entre 1989 e 1996 organizou o seu propio Festival Folclórico Internacional, para logo pasar a colaborar co Festival Internacional de Folclore de Vigo.

En 2004 adoptou a súa denominación actual e en 2005 celebrou o 25 aniversario cun encontro interxeracional. Durante os anos seguintes participou en festivais dentro e fóra de Galicia, e desde 2015 organiza o Festival Mesturando, un evento que busca achegar ao público a diversidade cultural de España e Portugal.

Composición e dirección

[editar | editar a fonte]

Na actualidade ten máis de 35 integrantes distribuídos entre o grupo de baile, o grupo de gaitas, a escola infantil e o grupo de percusión tradicional. En 2025 o cadro de dirección artística está formado por Rogelio Filgueira (baile), José Carlos Fernández (gaita) e Noelia Pereira (percusión).