Os Raparigos
![]() | Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde agosto de 2018.) |
![]() | Este artigo biográfico está escrito a modo de currículo. |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Raparigos é unha banda galega de gaiteiros formada en Ferrol en 1968 por Carlos Vázquez Cabrera e Juan (Xan) Rodríguez Silvar, co gallo de presentarse ao concurso de gaitas celebrado en Santiago de Compostela en maio dese ano, cando contaban 17 e 15 anos respectivamente. De aí que escolleran o nome de Raparigos, inspirándose nunhas letras de Rosalía de Castro acaidas á súa idade. Cabrera e Silvar foron alumnos de gaita galega do gaiteiro Constantino Bellón. Ambos confluíron na súa clase, Xan iniciado xa na banda de gaitas e tambores do grupo nº19 de Ferrol dos Boy Scouts e formaron o grupo animados polo seu mestre.
O grupo tivo a oportunidade de servir de ponte entre os gaiteiros populares, mantedores da tradición do instrumento máis senlleiro de Galicia, e as novas formas musicais aparecidas sobre 1970, influídas polos movementos folk e rock anglosaxóns, principalmente. A traxectoria de Raparigos mantívose fiel ao esquema tradicional dos cuartetos e quintetos popularizados a principios do s. XX, aínda que algúns dos seus compoñentes colaboraron con corais e músicos como Emilio Cao (Silvar) ou grupos folk como Os Cempés (Varela).
Concursos[editar | editar a fonte]
Ao concurso da Ascensión —o primeiro convocado en moitos anos en Galicia no tardo franquismo— presentouse tamén Bellón co seu neto Ánxel Muñoz ao tamboril, e na segunda gaita un moi mozo Carlos Icaza Boado. En outubro dese mesmo ano Raparigos acode, esta vez con Muñoz ao tamboril, ao concurso de gaitas de San Froilán, acadando o primeiro premio, ante grandes grupos coma Os Garceiras (Melide), Os Montes (Lugo), Primitivo Díaz (Ribadeo), Os Amigos (Lugo).
Raparigos gañarían en maio de 1969 o primeiro en Santiago, e así seguirían compaxinando a asistencia a concursos para grupos de gaita cunha intensa actividade en festas e romarías populares, nas que completar a súa formación como gaiteiros. Así sería ata 1974, cun novo dobre de primeiros premios en Santiago e Lugo, cando Cabrera deixa o grupo para seguir a súa formación académica en Estados Unidos de América. Entran entón no grupo Javier Rodríguez Fariñas, gaiteiro, e o bombeiro Rafael Victoria, substituíndo a Paco Trillo. Con esta formación Raparigos seguiu tocando en festas galegas e concursos, deixando de competir nestes en 1981.
Os concursos foron moi importantes para o grupo, polo estímulo para ensaiar novos repertorios e progresar na súa formación; tamén contribuíron tanto a facelos coñecidos no mundo da gaita como a divulgar esta música galega, relegada entón ás festividades populares e lonxe de ser recoñecida a súa importancia como parte da cultura do país.
En total Raparigos acadaron os seguintes galardóns:[Cómpre referencia]
Lugo | 1968 | 1º Premio |
Santiago | 1969 | 1º Premio |
Santiago | 1972 | 2º Premio |
Santiago | 1974 | 1º Premio |
Lugo | 1974 | 1º Premio |
Ponteareas | 1977 | 1º Premio |
Ponteareas | 1980 | 2º Premio |
Tras dun longo período sen convocatorias regulares, a partir de 1968 sucédense os certames que chegaban a convocar ata vinte grupos e centenares de seareiros en prazas emblemáticas como a da Quintana e da Catedral de Lugo. Algún, como o de Ponteareas, mantivéronse de xeito ininterrompido ate hoxe. Os concursos de Santiago e Lugo convocábanse para tríos de dúas gaitas e tamboril, o de Ponteareas eran para cuartetos, ao incluír o bombo. Os Raparigos foron o grupo máis galardoado mentres concursaron.
A evolución de Raparigos[editar | editar a fonte]
O primeiro período do grupo foi de 1968 a 1974 (Cabrera e Silvar nas gaitas, Muñoz no tambor e Trillo no bombo); nese período alternaron a asistencia aos concursos de gaitas do país, que se retomaron nesa época, coa participación en "dianas e alboradas", "xiras" e outras formas de celebracións populares polas festas locais. En 1974 Cabrera e Trillo deixan o grupo por motivos profesionais e son substituídos por Javier Rodríguez Fariñas e Rafael Victoria Meizoso, gaita e bombo respectivamente, procedentes doutro cuarteto ferrolán, Xente Nova, co que chegaran a acadar un 2º premio no concurso da Ascensión de 1975 e un 1º premio no de Ponteareas, 1976.
Os Raparigos foron chamados a participar nas novas formas de eventos musicais que xurdiron na década dos 70, coa aparición dos chamados Festivais Celtas. En 1981 gravan o seu primeiro LP "Gaiteiros Galegos, Volume 1" coa discográfica galega Ruada, un fito dentro do historia da música galega recente.
A partir de 1983, coa incorporación de Antón Varela Cachaza —procedente de Follas Novas, cuarteto fundado por Constantino Bellón-— Os Raparigos inician unha nova etapa, incorporando as gaitas en distintas tonalidades e a frauta barroca do artesán Antón Corral, na procura de novos xeitos de interpretar dentro dun esquema tradicional.
Esta é tamén unha etapa de xiras, tanto polo estranxeiro (principalmente Inglaterra, Gales, Cornualles, Escocia, Francia e Portugal) como polo resto de España, ademais das actuacións en Galicia.
Na Exposición Universal de Sevilla en 1992, Raparigos representan a Galicia no auditorio do Palenque.
O falecemento de Muñoz foi cuberto por Ramón Dopico Graña e, tras o pasamento en 2017 de Antón Varela, Os Raparigos retornan á formación de cuarteto dos seus comezos.
Anxel Muñoz Castro | Tamboril | 1968 | 2009 |
Xan Rodríguez Silvar | Gaita | 1968 | - |
Carlos Vázquez Cabrera | Gaita | 1968 | 1974 |
Paco Trillo Pérez | Bombo | 1968 | 1974 |
Javier Rodríguez Fariñas | Gaita | 1975 | - |
Rafael Victoria Meizoso | Bombo | 1975 | - |
Antón Varela Cachaza | Gaita | 1983 | 2017 |
Ramón Dopico Graña | Tambor | 2009 | - |
Discografía[editar | editar a fonte]
- 1973 - Gaita e tamboril en Os Salmos pra nosa terra. Ed. Pax.
- 1974 - Gaita, tamboril e bombo en A Misa do Pobo de Deus. Ed. Pax.
- 1974 - Gaiteiros en Cantos de Galicia, Orfeón Terra a Nosa, de Santiago, dirixido polo P.Feijoo.
- 1979 - Xan Rodríguez Silvar, gaitas e frautas en A lenda da Pedra do Destino do músico Emilio Cao.
- 1981 - Raparigos Gaiteiros Galegos Volume I Editorial Ruada.
- 1991 - Raparigos Tempero entre amigos Colección Soutelo de Montes, SONS GALICIA.
- 1981 - Xan Rodríguez Silvar, gaitas e frautas en No manto da auga do músico Emilio Cao.
- 1997 - Antón Varela e Xan Rodríguez Silvar, colaboración en Fábrica de Sons de Carlos Beceiro.
- 2011- Colaboración no disco Eirexado s/n do grupo Berros do Castro, de San Sadurniño.