Os Mutantes (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os Mutantes
Álbum de Os Mutantes
Publicadoxuño de 1968
Gravacióndecembro de 1967 - xaneiro de 1968
Duración36:30
Xénero(s)tropicalia, rock psicodélico
Selo(s)Omplatten/Polydor
Producido porManoel Barenbein
Cronoloxía
- Os Mutantes Mutantes

Os Mutantes é o álbum de estrea da banda brasileira de tropicalia Os Mutantes. Foi editado en xuño de 1968 e está influenciado por estilos musicais tradicionais brasileiros, ademais de por bandas estadounidenses e británicas. O disco contén varios hits, como "Panis et circenses", "Baby" e "Ave, Gengis Khan".

O álbum foi un éxito en todo o mundo, sendo considerado un dos 50 discos máis experimentais da historia. Aparece no número 9 da lista da Rolling Stone dos 100 mellores álbums brasileiros de todos os tempos[1].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Panis et circenses" (Gilberto Gil, Caetano Veloso) - 3:40
  2. "A minha menina" (Jorge Ben) - 4:45
  3. "O relógio" (Os Mutantes) - 3:31
  4. "Adeus, Maria Fulô" (Sivuca, Humberto Teixeira) - 3:06
  5. "Baby" (Caetano Veloso) - 3:02
  6. "Senhor F" (Os Mutantes) - 2:35
  7. "Bat macumba" (Gilberto Gil, Caetano Veloso) - 3:10
  8. "Le premier bonheur du jour" (Jean Gaston Renard, Frank Gerald) - 3:39
  9. "Trem fantasma" (Caetano Veloso, Mutantes 3:18
  10. "Tempo no tempo (Once was a time I thought)" (John Philips; versión en portugués: Os Mutantes) - 1:48
  11. "Ave, Gengis Khan" (Rita Lee, Arnaldo Baptista, Sérgio Dias) - 3:51

Notas[editar | editar a fonte]