Saltar ao contido

Os Impresentables

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Impresentables
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Datas
 Fundación / creación
década de 1990 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1997 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Wikidata

Os Impresentables, tamén coñecidos como Os Impresentables de Vimianzo, foi unha banda de rock galega formada a principios dos anos 90 en Vimianzo. O grupo estaba composto por Benxamín Queiro Pérez (baixo e voz), Carlos Gómez Fernández (guitarra e coros), Xoán Anselmo Carballo Folgado (teclados e coros) e Alexandre González Cundíns (batería).[1]

Os Impresentables tocaron no Castañazo Rock de 1994 en Chantada, no que se celebrou a Cea de Viana na que se fundou o bravú. Non chegarían a publicar ningún álbum, pero colaboraron nos recompilatorios Rock na Costa da Morte, cos temas "Maruxa" e "Enséñame a hacer el amor", e no Unión Bravú con “Que foi do rock & Roll”.[1]

A banda separouse en 1997 pero os seus membros formaron no ano seguinte o grupo de folk-rock instrumental Barafunda, co que chegaron a publicar un álbum.[1]

  1. 1 2 3 Cerqueiro, Ubaldo (2024-11-28). "O bravú da Costa da Morte: a historia dos Impresentables de Vimianzo". que pasa na costa. Consultado o 2024-12-23.