Os Brazões
Os Brazões | |
---|---|
Orixe | Rio de Janeiro, Brasil |
Período | 1962 - 1977 |
Xénero(s) | rock psicodélico, tropicalismo |
Selo(s) discográfico(s) | RGE Discos, Som Livre |
Membros | Miguel de Deus, Eduardo "Edu" Rocha, Roberto, Taco e Mandrake |
Antigos membros | Sérgio Bandeyra: guitarra elétrica e voz, Luís Carlos: batería, Francisco: batería Gastão: percusión Clarita:coros, Walkíria: coros. |
Na rede | |
Os Brazões foi unha banda brasileira da tendencia do rock psicodélico con fusións de samba e R&B con letras en portugués, guitarras saturadas e moito uso dos efectos de sintetizador, formada orixinalmente en Rio de Janeiro como banda de apoio a outros artistas como Gal Costa e Tom Zé aínda que nunca chegaron a gravar con eles en estudo. Os cinco membros orixinais só se daban a coñecer polos alcumes, o membro máis famoso dos cinco era Miguel de Deus, que despois gravou discos en solitario e montou outros grupos da escea alternativa do Brasil. Gravou o moi demandado LP 'Black Soul Brothers' en 1977, que se converteu nun disco referenciado no movemento 'Black Rio'.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O único disco do grupo, homónimo, foi lanzado orixinalmente no selo RGE, en 1969. A formación que gravou o disco estaba formada por Miguel de Dios á guitarra rítmica, Eduardo "Edu" Roca á batería e percusión, Roberto á guitarra principal, Taco no contrabaixo e Mandrake na percusión. Pola banda tamén pasarían máis: Sergio Bandeyra á guitarra e voz, Paulinho Augusto á guitarra, Roberto ao órgano, Luis Carlos á batería e percusión, Francisco á batería e percusión, Gastón á percusión, Clarita aos coros e WALKIRIA aos coros. O disco presenta unha mestura de ritmos rexionais e experimentación, o grupo focalízase na percusión en ritmos rexionais do país.
En 1969, o mesmo ano en que Caetano Veloso e Gilberto Gil foron detidos e enviados ao exilio, o ditador militar Emílio Garrastazu Médici tomou o control político, en plena ditadura militar, e instaurou a pena de morte. Os Brazões compuxeron as súas letras referenciando esta polémica xustapostas con estándares brasileiros da resistencia política como en "Volkswagen Blue" e "Carolina, Carol Bela".
Os Brazões - RGE Discos, 1969
[editar | editar a fonte]Cancións
[editar | editar a fonte]- "Pega a Voga, Cabeludo"
- "Canastra Real"
- "Módulo Lunar"
- "Volksvolkswagen Blue"
- "Tão Longe de Mim"
- "Carolina, Carol Bela"
- "Feitiço"
- "Planador"
- "Espiral"
- "Gothan City"
- "Momento B8"
- "Que Maravilha"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os Brazões - Os Brazões (1969)". delicias-psicodelicas.blogspot.com. Consultado o 21-09-2024..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]