Os Bolechas: Historia de Galicia
Os Bolechas: Historia de Galicia | |
---|---|
Tipo | serie de televisión de animación ![]() |
Xénero artístico | serie de televisión infantil ![]() |
Lingua orixinal | lingua galega ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Pepe Carreiro ![]() |
Director/a | Jorge J. Costas |
Publicación | |
País orixe | España ![]() |
Produtor/a executivo | Antonio Couto |
Distribuidor/a | TVG |
Emisora orixinal | Televisión de Galicia ![]() |
Datas | |
Comezo | 25 de xullo de 2024 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 8 minutos ![]() |
Episodios | 11 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | agalega.gal… ![]() |
[ Wikidata ] |
Os Bolechas: Historia de Galicia é unha serie de televisión galega de animación de 2024 da franquía Os Bolechas creada por Pepe Carreiro. É unha serie educativa infantil que recolle a historia de Galicia dende a Prehistoria até o presente. Ademais da serie de animación tamén se materializou nunha serie de banda deseñada de 24 volumes.[1] Cada libro e episodio audiovisual céntrase nun episodio ou época concreta.
Os episodios da serie están dispoñibles na plataforma en liña do Xabarín Club.[2]
Episodios
[editar | editar a fonte]- Capítulo 1: Cando andabamos polo monte
- Capítulo 2: Cando domesticamos os animais e as plantas
- Capítulo 3: Cando descubrimos o ferro
- Capítulo 4: Cando pelexamos coas lexións romanas
- Capítulo 5: Cando fundamos un reino co pobo suevo
- Capítulo 6: Cando viviamos na Idade Media
- Capítulo 7: Cando inventamos o Camiño de Santiago
- Capítulo 8: Cando construímos os mosteiros
- Capítulo 9: Cando botamos os viquingos
- Capítulo 10: Cando fixemos marabillas coas pedras
- Capítulo 11: Cando cantabamos cantigas
Produción
[editar | editar a fonte]A produción da serie foi contratada por Edicións Bolanda, S.L., que recibiu un financiamento de 148.000 euros por parte da CRTVG.[3]
Estrea
[editar | editar a fonte]A serie de animación estreouse na plataforma do Xabarín Club o 25 de xullo de 2024, co gallo Día Nacional de Galicia.[4]
A serie de banda deseñada presentouse no Museo Pedagóxico de Galicia de Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2024, xunto coa estrea dun novo vídeo da serie animada.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ osbolechas.gal, ed. (12 de decembro de 2024). "'Historia de Galicia', a nova colección dos Bolechas". Consultado o 28 de marzo de 2025.
- ↑ xabarin.gal (ed.). "Os Bolechas: Historia de Galicia na plataforma do Xabarín". Consultado o 27 de marzo de 2025.
- ↑ crtvg.gal (ed.). "Portal de Transparencia. Os Bolechas: Historias de Galicia". Consultado o 28 de marzo de 2025.
- ↑ televisiondegalicia, ed. (25 de xullo de 2024). "Neste Día de Galicia estrenamos unha serie para que a cativada aprenda a nosa historia na mellor compañía 🤗 Xa podes ver #OsBolechas Historia de Galicia en xabarin.gal". Consultado o 28 de marzo de 2025.
- ↑ "Os Bolechas contan agora a historia de Galicia". Praza.gal. 12 de decembro de 2024. Consultado o 28 de marzo de 2025.