Saltar ao contido

Os Ancares: A serra esquecida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Ancares: A serra esquecida
 Título
Os Ancares: A serra esquecida Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
Temática
 Tema principal
 Narrador/a
Datas
 Data de publicación
2012 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración55 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Os Ancares: A serra esquecida é un documental galego de 2012 dirixido por Enrique Rodríguez e producido por Formato Producciones para a Televisión de Galicia.

En 1968 o xornalista Enrique de Arce Temes realizou unha reportaxe para El Ideal Gallego sobre a situación dos habitantes da serra dos Ancares,[1] que vivían completamente illados nunhas condicións máis propias da Idade Media que do século XX. A crónica daquela expedición e dos anos posteriores quedou recollida no libro Os Ancares: A serra esquecida (2010).[2] O documental relata os acontecementos descritos no libro, contando co testemuño dos protagonistas daquela expedición e dos veciños que habitaron nos Ancares durante aqueles anos.

  1. P. Lorenzo, Fran (22-09-2010). "As crónicas en branco e negro da montaña esquecida". El Correo Gallego. Consultado o 01-12-2024. 
  2. P. Lorenzo, Fran (28-09-2010). "Henrique de Arce evoca o exemplo de solidariedade dos Ancares". El Correo Gallego. Consultado o 01-12-2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]