Oséas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oséas
Oseas jogador.jpg
Información persoal
Nome Oséas Reis dos Santos
Nacemento 14 de maio de 1971
Lugar de nacemento Salvador
Altura 186 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1992 Galícia
1993–1994 SD Xuvenil
1994–1995 Maruinense
1995 Uberlândia
1995–1997 Athletico Paranaense 19 (12)
1997–1999 Palmeiras 62 (24)
2000–2001 Cruzeiro 42 (15)
2002 Santos
2002–2003 Vissel Kobe 44 (19)
2004 Internacional 8 (0)
2004 Albirex Niigata 12 (4)
2005 Brasiliense 19 (4)
Selección nacional
1996 Brasil 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Oséas Reis dos Santos, nado en Salvador, Baía,[1] o 14 de maio de 1971,[2] é un ex futbolista brasileiro que xogaba de dianteiro. Foi internacional coa selección brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira futbolística no Galicia da súa cidade natal. En xaneiro de 1993 chegou a Ponteareas xunto a outros dous brasileiros, Gildo Santana e José Luis Garrido, para reforzar a SD Xuvenil, que ocupaba o derradeiro lugar na Rexional Preferente de Galicia.[3] Aínda que os efectos da súa chegada foron instantáneos, o equipo non conseguiu a permanencia. Oséas continuou en Ponteareas na seguinte tempada, a 1993/94, na que marcou 42 goles e o conxunto acabou como campión do grupo.[4][5]

A continuación regresou ao Brasil e xogou no Maruinense do Estado de Sergipe, onde realizou grandes actuacións dentro do campionato estatal.

Destacou a nivel nacional xogando no Athletico Paranaense, onde foi campión da Serie B e máximo goleador do campionato en 1995 (con 14 goles). Xunto con Paulo Rink, destacou no campionato brasileiro da serie A en 1996 e os seus goles e actuacións valéronlle a convocatoria para tres amigables coa selección brasileira en 1996 (contra Camerún, Bosnia e Hercegovina e Polonia).

Converteuse nun ídolo no Athletico Paranaense e en 1997 foi contratado polo Palmeiras. Marcou na final da Copa Mercosur de 1998 e na final da Copa Liberadores de 1999 contra o Deportivo Cali.

Logo pasou por Cruzeiro e Santos antes de probar sorte no Xapón, no Vissel Kobe. En 2004 gañou co Internacional o Campionato Gaúcho e a continuación regresou ao Xapón para xogar no Albirex Niigata.

No 2005 puxo fin á súa carreira no Brasiliense.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Oséas coa camiseta do Maruinense de Sergipe.
Atlético Paranaense
Palmeiras
Cruzeiro
Internacional

Premios individuais[editar | editar a fonte]

Máximo goleador[editar | editar a fonte]

Athletico Paranaense
  • Campionato Brasileiro de Serie B (1): 1995 (14 goles)
Cruzeiro
  • Copa Brasil (1): 2000 (10 goles)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ogol.com.br: Dados pessoais de Oséas
  2. br.sambafoot.com: Detalhes do ex-jogador
  3. Hermida, Xosé (15 de novembro de 1996). "El astro que nadie vio". El País (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2021. 
  4. "El Juvenil de Ponteareas juega a ritmo de samba". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 1993. p. 48. 
  5. "Grupo 4 Primeira Galicia 1993/94". Consultado o 2 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]