Oruchuban Ebichu (おるちゅばんエビちゅ lit. Ebichu organiza a casa) é un manga creado por Risa Itō publicado por Futabasha. Tamén conta cunha adaptación ao anime, a cal foi producida por Gainax, pero animada por Group TAC, que foi transmitida por DirecTV Xapón, e ademais era un dos tres animes que facían parte dun show chamado Ai no Awa Awa Hour. Foi transmitida no Xapón do 1 de agosto de 1999, ata o 1 de outubro dese mesmo ano.
Orochuban Ebichu é un anime e un manga dirixido ao público adulto, debido á súa explícita violencia, linguaxe ofensivo, e escenas de sexo explícito das cales só poderían mostrarse por DirectTV Japan. A versión inédita só pode atóparse en DVD. O programa está feito cun estilo de arte moi sinxelo, e o seu contido sexual está dirixido máis cara ao xénero de comedia, o cal se considera ecchi, ca a un xénero fetichista.