Orion (nave espacial)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación da nave Orión no espazo.

Orion é unha nave espacial tripulada desenvolvida pola NASA. Foi concibida como parte do proxecto Constellation da NASA para levar astronautas á Estación Espacial Internacional primeiro e logo para facer misións tripuladas á Lúa e potencialmente Marte. Inicialmente denominada Orion CEV (Crewed Exploration Vehicle), pasou a denominarse Orion MPCV (Orion Multi-Purpose Crew Vehicle) despois da cancelación do proxecto Constellation e de que a Axencia Espacial Europea entrara a formar parte na súa construción.[1][2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

En 2006 a NASA seleccionou a Lockheed Martin como construtora da súa nova cápsula tripulada. A cápsula, cun deseño baseado nas cápsulas do proxecto Apollo, debe ser capaz de levar ata seis astronautas á ISS e servir de bote salvavidas acaroado á estación. O seu deseño permite tamén levar catro astronautas ata a Lúa. A cápsula ten un volume habitable duns 10 m3 e consumiría ata 9 kW de potencia eléctrica subministrada por paneis solares.[1][2][3][4]

O concepto inicial da Orion era a dunha cápsula que sería lanzada polo xa cancelado foguete Ares 1 (derivado da tecnoloxía do transbordador espacial) e que aterraría en terra en lugar de no océano, usando airbags ou retrofoguetes. Contemplábanse tres versións: a Orion bloque 1 usaríase para levar e traer astronautas e carga á ISS, a Orion bloque 1B so se usaría para levar e traer carga á ISS e non estaría tripulada, e a Orion bloque 2, deseñada para misións lunares acoplada a un módulo capaz de aterrar na Lúa. O foguete Ares 1 foi cancelado en 2010, xunto co resto do proxecto Constellation excepto Orion, que foi renomeada como Orion MPCV.[1][2][3][4]

Orion MPCV conta con colaboración da ESA, que aporta o módulo de servizo (baseado no da nave automática europea ATV) á cápsula tripulada. A nova cápsula xa non estará destinada a voos á ISS, que son levados a cabo mediante naves privadas, se non que se usará para misións lunares e interplanetarias e será lanzada mediante o novo foguete SLS.[1][2][3][4]

Orion EFT-1[editar | editar a fonte]

A misión Orion EFT-1 (Exploration Flight Test 1) consistíu no lanzamento dun prototipo de cápsula Orion sen tripular para probar as súas características en voo e na reentrada atmosférica. A cápsula de proba foi lanzada o 5 de decembro de 2014 mediante un foguete Delta 4H desde Cabo Cañaveral a unha órbita elíptica cun apoxeo de 8000 km. A cápsula, xunto coa etapa superior do foguete, deu dúas voltas á Terra antes de separarse a cápsula e reentrar na costa preto de Baixa California. O voo durou un total de 4 horas e 24 minutos e foi considerado un éxito.[1][2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "Orion" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orion (CEV → MPCV)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orion EFT-1" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orion (MPCV)" (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]