Saltar ao contido

Oriol Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOriol Rey
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1998 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Oriol Rey Erenas, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1998, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo e defensa central no Levante, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como futbolista na canteira do FC Barcelona dende os dez anos, fichou en 2017 polo equipo xuvenil do Leeds United.[1] Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Conquense, da Segunda División B.[2] Debutou o 9 de setembro, xogando os últimos 32 minutos dun empate 1-1 como visitante ante o CF Peralada.[3] Consolidado na titularidade, disputou un total de 34 partidos, pero non puido evitar o descenso do seu equipo.

En xullo de 2019 fichou polo Real Valladolid Promesas.[4] O 16 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, nun partido ante a Peña Deportiva, substituíndo a Toni Villa na prórroga.[5] O 29 de xaneiro debutou na Primeira División, entrando no lugar de Míchel nunha derrota por 1-3 contra o Huesca no Estadio José Zorrilla.[6]

Entre 2021 e 2023 xogou no Mirandés, da Segunda División, pasando a continuación ao Levante.

  1. "Oriol Rey se marcha al Leeds United" (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
  2. "Oriol Rey ya entrena con el Conquense" (en castelán). 27 de agosto de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
  3. "Un punt de felicitat" (en catalán). 10 de setembro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
  4. "Oriol Rey refuerza al Promesas" (en castelán). 18 de xullo de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
  5. "Roque Mesa traspasa a la Peña la pena máxima" (en castelán). 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2025.
  6. "Rafa Mir es un delantero de Primera" (en castelán). 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2025.