Original Equipment Manufacturer
Original Equipment Manufacturer (OEM, "fabricante de equipos orixinais") é un fabricante que produce produtos para que outras empresas os vendan co seu propio nome.
Características
[editar | editar a fonte]Nalgunhas industrias establecéronse significados máis específicos do termo. Por exemplo, na industria da enxeñaría mecánica, enténdese por provedor de equipamento orixinal unha empresa subministradora cuxos produtos se utilizan na fabricación do hardware final en venta para o cliente. Se despois se vende o mesmo produto para substituír a peza orixinal defectuosa, é unha venda de posvenda. A miúdo, as pezas de recambio dos competidores OEM véndense a un prezo máis baixo no mercado de accesorios independentes (Independent Aftermarket, IAM). Se unha empresa tamén distribúe os seus produtos aos clientes finais, o desconto de prezo ao entregar aos revendedores chámase desconto OEM.
No sector da automoción o termo adquire outra connotación, o propio fabricante de coches chámase OEM, Urovesa ou Audi serían OEMs. Na cadea de subministración ou na pirámide de provedores, os termos Tier-1 ou First Tier ("Nivel 1" ou "Primeiro nivel") utilízanse para provedores directos, como Continental AG ou Valeo, un provedor que traballe para ese primeiro Tier-1 sería o Tier-2 ou segundo nivel, a cadea seguiría cun Tier-3 ou de terceiro nivel, como pode ser un centro de homologacións como o Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia etc.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "OEMs, Tier 1, 2 & 3 - The Automotive Industry Supply Chain Explained". Consultado o 26 de outubro de 2024.