Saltar ao contido

Oriana Altuve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOriana Altuve

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Altura1,71 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteira Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–   Venezuela
2018–2020   Rayo Vallecano
2021–2023 Valencia Féminas CF
2023– Al Shabab Football Club

Facebook: OriAltuve09 Twitter: ori_altuve Instagram: altuveori Editar o valor en Wikidata

Oriana Altuve, nada en Caracas o 3 de outubro de 1992, é unha futbolista venezolana, que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña da Primeira División. Foi a máxima goleadora da Copa Libertadores Feminina durante dous anos consecutivos, nas edicións de 2016 e 2017, e a primeira venezolana en xogar na Primeira División de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia de futbolistas da popular parroquia 23 de Enero do oeste de Caracas, é curmá dos tamén futbolistas Aileen e Roberto Rosales. Comezou no fútbol feminino aos 10 anos na Escola de Fútbol da Universidade Experimental Pedagóxica da cidade de Caracas.

Debutou co Caracas FC aos 17 anos, onde destacou con varios títulos ata mediados de 2016. Os seus goles co club valéronlle as súas primeiras convocatorias coa selección venezolana.

Colón FC

[editar | editar a fonte]

A mediados de 2016 instalouse no Uruguai, onde asinou como nova xogadora do Colón FC. Co equipo de Montevideo conquistou a liga uruguaia e disputou a Copa Libertadores de 2016, sendo a máxima goleadora do torneo continental.

A continuación fichou polo Independiente Santa Fe, co que conquistou a liga colombiana na tempada 2017, sendo a segunda máxima goleadora do campionato, só por detrás de Manuela González. Ademais foi por segundo ano consecutivo máxima artilleira da Libertadores.

Rayo Vallecano

[editar | editar a fonte]

A finais de agosto de 2018 fichou polo Rayo Vallecano, da Primeira División de España, debutando na xornada 3, con tres goles na casa do Madrid CFF. Na súa primeira tempada xogou 28 partidos e marcou 10 goles, mentres que na segunda, a 2019/20, foi a gran figura do seu equipo, marcando 13 goles ata que a pandemia de COVID-19 paralizou a competición. Nese momento era a cuarta máxima goleadora do campionato con máis da metade dos goles do seu equipo.

Betis e Valencia

[editar | editar a fonte]

A continuación xogou unha tempada no Real Betis e dúas no Valencia,[1] antes de pasar polo Al-Shabab de Riad. Con este último club foi a segunda máxima goleadora do campionato de liga saudita na tempada 2023/24, con 14 goles.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2024 foi anunciada como nova xogadora do Deportivo da Coruña.

  1. "El Betis Féminas renueva a Amorós y confirma ocho bajas". ABCdesevilla. 1 de julio de 2021. Consultado o 5 de julio de 2021. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]