Organización Mundial Contra a Tortura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Organización Mundial Contra a Tortura (OMCT) é a maior coalición de Organizacións non gubernamentais que loitan contra a detención arbitraria, a tortura, as execucións sumarias e arbitrarias, as desaparicións forzadas e outras formas de violencia. A súa rede global consta de cerca de 300 organizacións locais, nacionais e rexionais, que comparten o obxectivo común de erradicar tales prácticas e habilitar o respecto aos dereitos humanos para todos.

A Organización ten sete programas:

  • a asistencia a vítimas,
  • os dereitos do neno,
  • os dereitos económicos, sociais e culturais,
  • os defensores dos dereitos humanos,
  • as campañas urxentes,
  • a violencia contra as mulleres,
  • o seguimento dos compromisos internacionais dos Estados.

A súa sede principal está en Xenebra, unha sucursal queda en Bruxelas.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]