Organización Común Africana e Malgaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización Común Africana e Malgaxe
Tipoorganización
editar datos en Wikidata ]
En vermello países que foran integrantes da UAMCE, en azul países que ingresaron en 1965 e en verde integrados en 1970

A Organización Común Africana e Malgaxe foi unha organización internacional que países francófonos africanos creada o 12 de febreiro de 1965 en Nouakchott (Mauritania) en substitución da Unión Africana e Malgaxe de Cooperación Económica e que tiña como obxectivo fortalecer a solidariedade e cooperación económica, cultural, técnica e social entre os países membros. Estaba formada polos 12 países membros da UAMCE, máis Togo uníndose en maio de 1965 Ruanda e Zaire pero xa en xuño dese ano Mauritania decidiu retirarse da organización. A sede da organización estivo primeiro en Yaundé (Camerún) para máis tarde trasladarse a Bangui (República Centroafricana). En 1970 logo de integrarse Mauritius mudou de nome para Organización Común Africana, Malgaxe e Mauriciana e en 1974 tras a retirada de Madagascar quedou en Organización Común Africana e Mauriciana finalmente en 1985 disolveuse a organización.