Orella (doce)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Bandexa de orellas.

As orellas son unha sobremesa doce moi típica, xunto coa filloa, do Entroido galego. Son un prato de elaboración sinxela, consistente en amasar fariña con ovos e cortar en anacos con forma de orella a masa que se obtén. Os anacos son fritidos en aceite e espolvoréxaselle azucre por riba.

As orellas tamén son típicas de Cataluña e do País Valenciano co nome de orelletes. No sur de Francia, onde se coñecen coma aurelhetas (en francés oreillettes, orelliñas), e ao igual que en Galicia, son típicas no Entroido.

Elaboración[editar | editar a fonte]

Ingredientes[editar | editar a fonte]

Os principais ingredientes que poden levar son fariña, ovos, auga, manteiga, lévedo, azucre, anís, relas de limón, laranxa, leite, canela e sal.

Receita[editar | editar a fonte]

Orellas para 6 persoas.

O primeiro de todo é quentar nunha tixola unha cunca de aceite coas relas de limón e un anaco de pan. Cando isto estea dourado, deixámolo arrefriar e retiramos o limón e o pan. Pomos unha cunca con dous ovos batidos, unha cunca de leite, media cunca de anís, unha culler e media de lévedo nun recipiente e batemos. Logo engadímoslle as relas de limón e unhas gotas de zume de laranxa. Botámoslle a esta mestura o aceite que tiñamos gardado e vámoslle engadindo fariña ata conseguir unha pasta que poder amasar. Estiramos a masa e vámola cortando en anacos con forma de orella. Estes anacos hanse de ir fritindo en abundante aceite e logo, espallamos o po de azucre por riba.

Esta é unha delas, pero hai moitas variedades e receitas distintas para facer este doce.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]