Orazio Vecchi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1550 Módena |
Morte | 19 de febreiro de 1605 (54 anos) Módena |
Mestre de capela | |
1584 – 1586 | |
Mestre de capela | |
1581 – | |
Mestre de capela | |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Xénero artístico | Ópera |
Lingua | Lingua italiana |
Orazio Vecchi Tiberio, nado en Módena o 6 de decembro de 1550 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1605, foi un compositor italiano de finais do Renacemento tardío. É especialmente coñecido polos seus madrigais, especialmente por L'Amfiparnaso, unha mestura de madrigal e melodrama, considerada como precursora da ópera, pois xa se distingue do ensaio de Ottavio Rinuccini e Jacopo Peri.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orazio Vecchi naceu o 6 de decembro de 1550 en Módena, onde comezou os seus estudos con Salvatore Essenga, un monxe servita da cidade. Por outra banda, preparouse relixiosamente nun mosteiro beneditino, concluíndo os estudos sacerdotais arredor do ano 1577.
Cara finais da década de 1570, estableceu contacto con compositores da Escola veneciana (por exemplo Claudio Merulo e Giovanni Gabrieli), a partir da súa colaboración con eles na elaboración dunha sestina para o casamento dun duque. Durante este período acompañou ao conde Baldassare Rangoni nas súas viaxes, indo a Bérgamo e Brescia.
Foi maestro di cappella na catedral de Salò entre 1581 e 1584. Posteriormente, pasou a ocupar o cargo de mestre de coro na catedral de Reggio Emilia, cargo que ocupou ata 1586. Ese mesmo ano trasladouse a Correggio, onde foi nomeado canon na catedral local; alí compuxo copiosamente, aínda que se sentiu illado dos grandes centros musicais de Italia como Roma, Venecia, Florencia e Ferrara.
Finalmente volveu a Módena, onde recibiu o cargo de mansionario (sacerdote que tamén está a cargo do coro). Aparentemente, tivo serias dificultades económicas durante este tempo, ás que aludió nas súas cartas e, ocasionalmente, nas súas composicións.
En 1597 visitou Venecia, onde publicou unha serie de canzonettas. Ademais, ese mesmo ano publicou unha gran cantidade de obras, incluída L'Amfiparnaso, a súa composición máis coñecida, estreada en Módena ese mesmo ano.[1]
O duque Cesare d'Este contratou a Vecchi en 1598 para ser o seu maestro di corte, e Vecchi acompañouno a Roma e Florencia en 1600; foi neste último lugar onde escoitou a Euridice de Jacopo Peri, considerada a primeira ópera conservada. Posteriormente regresou a Módena onde continuou servindo na catedral ata a súa morte en 1605.
Música e influencias
[editar | editar a fonte]Vecchi é célebre polos seus madrigais, especialmente algúns deles agrupados nunha nova forma musical chamada "comedia madrigalística". Este era un entretemeento lixeiro, popular e dramático a finais do século XVI, ás veces considerado como un dos precursores da ópera.
Tamén publicou libros de canzonettas, unha alternativa lixeira aos madrigais, a medio camiño entre estes e as villanellas, en canto a complexidade e seriedade. Publicou madrigais serios, mais non en cantidade como outros compositores como Luca Marenzio.
A súa música sacra mostra a influencia da escola veneciana, coa característica antífona e tamén contraste entre seccións de compás binario e ternario.
Composicións (publicadas en Venecia)
[editar | editar a fonte]Música profana
[editar | editar a fonte]- Canzonette a 3 voci di Horatio Vecchi et di G. Capilupi (1597; ristampa 1606)
- Canzonette Libro I a 4 voci (1580)
- Canzonette Libro II 4 voci (1580)
- Canzonette Libro III 4 voci (1585)
- Canzonette Libro IV a 4 voci (1590)
- Canzonette Libro I a 6 voci (1587)
- Madrigali a 6 voci Libro I (1583)
- Madrigali a 5 voci Libro I (1589)
- Selva di varia ricreatione nella quale si contengono varii soggetti a 3-10 voci, cioè madrigali, capricci, balli, arie, iustiniane, canzonette, fantasie, serenate, dialoghi, un lotto amoroso, con una battaglia a 10 nel fine e accomodatovi la intavolatura di Liuto alle arie, ai balli e alle canzonette (1590)
- L'amfiparnaso, comedia Harmonica a 5 voces (1597)
- Convito musicale nel quale si contengono vari soggetti et capricci a 3-8 voci, cioè madrigali, canzonette, villotte, iustiniane et dialoghi (1597)
- Le veglie di Siena overo i vari umori della musica moderna a 3-6 voci, composte e divise in due piacevole e grave (1604)
Música sacra
[editar | editar a fonte]- Lamentationes cum 4 paribus vox (1587)
- Motecta 4-6 et 8 voci Libro I (1590)
- Sacrarum cantionum 5-8 voci Libro II (1597)
- Hymni qui per totum annum in Ecclesia Romana concinuntur, partium brevi stilo super plano cantu, partim proprio marte... elaborati cum 4 vox (1604)
- Missarum 6 et 8 vox Libro I. Per Paulum Bravusium mutinensem ejus discipulum amatissimum primum in lucem editus (1607)
Manuscritos
[editar | editar a fonte]- Missa Julia duobus choris cum 8 voci
- Magnificat a 5 voci
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Artigo "Orazio Vecchi," en The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. 20 vol. Londres, Macmillan Publishers Ltd., 1980. ISBN 1-56159-174-2
- Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York, W.W. Norton & Co., 1954. ISBN 0-393-09530-4
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orazio Vecchi Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. en Choral Public Domain Library (ChoralWiki)