Operación Swordfish
| Operación Swordfish | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Operación Swordfish (en inglés: Swordfish) é un filme estadounidense de 2001 dirixido por Dominic Sena, escrito por Skip Woods, producido por Joel Silver e protagonizado por John Travolta, Hugh Jackman, Halle Berry, Don Cheadle, Vinnie Jones e Sam Shepard. O filme céntrase en Stanley Jobson, un exdelincuente e hacker informático que é recrutado para unha conspiración de roubo de bancos debido ás súas formidables habilidades de hackeo.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Stanley Jobson (Hugh Jackman), un habelencioso informático que acaba de saír da cadea, é requirido polo terrorista Gabriel Shear (John Travolta) para que lle axude a decodificar un complexo código de seguridade dunha conta secreta. Só uns poucos hackers no mundo son quen de realizar dito traballo, e el é un deles. Malia que non pode tocar un ordenador, os métodos de Shear obrigarán a Jobson a axudalo na súa misión.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hugh Jackman como Stanley Jobson
- John Travolta como Gabriel Shear
- Halle Berry como Ginger Knowles
- Don Cheadle como Axente J.T. Roberts
- Sam Shepard como Senador James Reisman
- Vinnie Jones como Marco
- Drea de Matteo como Melissa
- Rudolf Martin como Axl Torvalds
- Zach Grenier como Asitente do Director Bill Joy
- Camryn Grimes como Holly Jobson
- Angelo Pagan como Torres
- Kirk B. R. Woller como avogado de Axl
- Carmen Argenziano como axente
- Tim DeKay como axente
- Laura Lane como Helga
Notas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2001
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Dominic Sena
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Village Roadshow Pictures
- Filmes de Silver Pictures
- Filmes rodados en Oregón
- Filmes rodados en Mónaco
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes ambientados nos Ánxeles
- Filmes de 2001 con versión en galego