Caso Malaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Operación Malaya»)
Cidade da Xustiza de Málaga, onde se xulgou o Caso Malaya.

O Caso Malaya foi unha operación contra a corrupción urbanística en España, dirixida polo xuíz Miguel Ángel Torres Segura e a Fiscalía Anticorrupción, cuxas primeiras investigacións remóntanse a novembro de 2005. Tiña como obxectivo destapar un armazón de asociacións que encobría numerosas actividades delituosas (suborno, malversación de caudais públicos, prevaricación, tráfico de influencias etc.) levadas a cabo, entre outros, por dirixentes do Concello de Marbella, importantes empresarios e avogados, e ramificacións en localidades como Málaga, Madrid, Huelva, Cádiz, Murcia, Granada, Córdoba, Sevilla e Pamplona. Este caso abriu o camiño para unha sucesión case ininterrompida de investigacións sobre outros posibles casos en decenas de concellos españois.

En xullo de 2012, o sumario principal do caso quedou visto para sentenza,[1] e tamén a causa secundaria por branqueo de capitais.[2] O Caso Malaya xulgouse na Audiencia de Málaga, con sentenza condenatoria, celebrándose a vista do recurso de casación en xullo de 2014 na Sala Segunda do Tribunal Supremo, atopándose pendente da sentenza de casación. A causa por branqueo de capitais concluíu cunha sentenza condenatoria, que foi confirmada polo Tribunal Supremo.

Notas[editar | editar a fonte]