Saltar ao contido

Ooloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ooloxía
Imaxe
Ilustración do século XIX que amosa os ovos de varias especies de aves.
 Subclase de
 Estuda
Códigos e identificadores
Freebase/m/0j6_g Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 160007
Wikidata C:Commons

A ooloxía é a póla da zooloxía que estuda os ovos, en especial os ovos das aves. O termo tamén se aplica ó coleccionismo de ovos de aves salvaxes.

A ooloxía foise desenvolvendo como actividade no Reino Unido e nos Estados Unidos a partir da década de 1800. A observación de aves á distancia era difícil por mor da pobre calidade dos binóculos da época, por iso era máis práctico disparar sobre as aves ou recoller os seus ovos. Mentres a recollida de ovos de aves silvestres por parte dos coleccionistas era considerada como unha actividade científica no século XIX e comezos do século XX, a partir de mediados do século XX comezou a considerarse cada vez máis como unha afección, máis que como disciplina científica. A recollida de ovos era aínda popular na década de 1900, malia que o valor científico comezaba a ser menos importante.

Dado que a lexislación (como a de protección de aves silvestres de 1954 no Reino Unido) tornou imposíbel recoller ovos legalmente, a práctica da recollida de ovos transformouse nunha actividade ilegal no Reino Unido e noutros países.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]