Saltar ao contido

Onosandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOnosandro
Biografía
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
PeríodoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1258308

Onosandro (en grego antigo Ὀνόσανδρος, en latín Onosander) foi un filósofo da antiga Grecia que viviu no século I. É coñecido por un comentario sobre A República de Platón, hoxe perdido, e por un traballo sobre tácticas militares titulado Στρατηγικὸς λόγος (Strategikós logos), que se conservou[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A obra está dedicada a un tal Quinto Veranio, probabelmente Quinto Veranio Nepote, cónsul no 49. Onosandro debeu vivir, pois, a mediados do século I, e no prefacio do seu libro explica que o escribiu en tempo de paz, probabelmente entre os anos 49 e 59. A obra imita con éxito o estilo de Xenofonte, e considérase un libro de referencia para as obras dos emperadores romanos Mauricio (Strategicon) e León VI (Táctica).[1]

Polo xeral suponse que Onosandro sería un soldado, pero nada se sabe da súa vida. Foi discípulo da escola platónica de filosofía e, segundo a Suídas, tamén escribiu unha obra titulada Περὶ στρατηγημάτων, que tampouco se conserva.[2]

  1. 1,0 1,1 "Onosander". Encyclopædia Britannica. 1911. 
  2. Smith, William (editor). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés), 1870, p. 31 (v. III)

Edicións

[editar | editar a fonte]