Onneca Fortúnez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Onneca Fortúnez
Nome completoOnneca Fortúnez
AlcumeDurr
Nacementoc. 848
Lugar de nacementoPamplona
Falecementopost. 890
Lugar de falecementoPamplona
NacionalidadeReino de Pamplona
Relixióncristianismo e Islam
PaiFortuna Garcês
NaiAuria
CónxuxeAbdallah ibn Muhammad e Aznar Sánchez de Larraún
FillosToda Aznárez de Pamplona e Sancha Aznárez de Pamplona
Na rede
WikiTree: Pamplona-20
editar datos en Wikidata ]

Onneca Fortúnez ou Íñiga Fortúnez[1][2] (848 - despois do ano 890) foi unha princesa vasca[3] do Reino de Pamplona, posteriormente chamado Reino de Navarra.[4] Foi filla do rei Fortunato Garcés e a súa muller Oria.

Na época na que naceu Onneca, a Península Ibérica atopábase baixo o dominio da dinastía musulmá Omeia. Só os reinos do norte de Asturias e Pamplona eran cristiáns, perpetuando as tradicións hispano-romanas visigodas. Onneca era membro da casa real dos Íñiguez, que facía honra ó seu bisavó Íñigo Arista, quen fundara o Reino de Pamplona contra o ano 824.[5] A información sobre a vida de Onneca é parcial. Os datos biográficos sobre ela proveñen de dúas fontes principais: o Códice de Roda e dos relatos de historiadores musulmáns de Al-Andalus, que fan referencia a Onneca polo nome árabe Durr (در), que significa "perla".

Onneca é principalmente coñecida por casar cun príncipe da dinastía Omeia. Aínda que as unións matrimoniais entre concubinas escravas cristiás e gobernantes musulmáns eran frecuentes, o caso de Onneca é un dos poucos exemplos nos cales unha princesa cristiá contraeu matrimonio coa realeza musulmá.[1] Este matrimonio xerou alianzas familiares entre as familias gobernantes cristiás e musulmás da Península Ibérica conducindo, inicialmente, a unha colaboración estreita entre a Casa de Íñiguez e os musulmáns omeias.[6] Os efectos políticos do casamento de Onneca tiveron repercusión despois da súa morte, que se produciu en data incerta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Jayyusi 1992, p. 463
  2. Fletcher 2006, p. 53
  3. Barrucand & Bednorz 1999, p. 51
  4. Stasser 1999, pp. 815–816
  5. Salas Merino 2008, p. 90
  6. Faro Carballa et al. 2007, p. 102