Onintza Enbeita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Onintza Enbeita
Onintza-Enbeita.jpg
Nome completoOnintza Enbeita Maguregi
Nacemento19 de maio de 1979
Lugar de nacementoMuxika
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónxornalista, escritora, Bertsolari e política
editar datos en Wikidata ]

Onintza Enbeita Maguregi, nada en Muxika, o 19 de maio de 1979, é unha xornalista, bertsolari e política vasca de ideoloxía independentista vasca.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nada na pequena localidade biscaíña de Muxika o 19 de maio de 1979, é licenciada en Xornalismo, cun posgrao en Transmisión Cultural.

Traballou como xornalista en varios medios de comunicación vascos escritos en éuscaro como os xornais Egunkaria, Berria e o suplemento Matraka deste último. Tamén traballou como profesora de éuscaro no Instituto Labayru, unha fundación cultural dedicada á difusión da cultura vasca.

É coñecida principalmente pola súa actividade como bertsolari. Foi finalista en dúas ocasións do Campionato de Biscaia de bertsolaris (5º posto en 2006 e 2008) e en 2009 chegou ás semifinais do Bertsolari txapelketa nagusia, principal competición a nivel de toda Euskal Herria, que se disputa unha vez cada catro anos.

Política[editar | editar a fonte]

Onintza Enbeita pertence á órbita política da esquerda abertzale. Foi apoderada de EHAK nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2005 e formou parte de candidaturas de ANV nas eleccións forais e municipais de 2007. Nestas eleccións foi elixida concelleira do municipio de Muxika, ocupando este cargo entre 2007 e 2011. Doutra banda a lista de ANV ás Xuntas Xerais de Biscaia na que se presentaba tamén nesas eleccións, foi anulada pola súa vinculación con Batasuna. En 2009 participou como candidata noutra lista electoral anulada pola súa vinculación con Batasuna, a de Askatasuna que tratou de presentarse ás eleccións ao Parlamento Vasco de 2009.

Enbeita pechou a lista de candidatos de Amaiur ao Congreso por Biscaia nas eleccións xerais de España de 2011. Tras a renuncia de Iñaki Antigüedad ao posto de deputado, foi a elixida por Amaiur para substituír o catedrático no seu posto, para o que os restantes candidatos presentes na lista tiveron que renunciar.[1] Tomou posesión do cargo o 19 de xuño de 2012.[2] Revalidou o seu cargo de deputada por Euskal Herria Bildu nas eleccións xerais de España de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]