Olof Celsius
Aparencia
Olof Celsius, coñecido como o vello, nado o 19 de xullo de 1670 en Uppsala e finado o 24 de xuño de 1756 en Estocolmo, foi un botánico, filólogo e crego sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor na Universidade de Uppsala, en Suecia.[1] Tamén foi mentor do botánico Carl von Linné. Celsius escribiu o seu libro máis famoso co título de Hierobotanicon, sobre as plantas que aparecen na Biblia e foi membro da Real Academia das Ciencias de Suecia dende 1739.
O seu sobriño, Anders Celsius, foi o astrónomo e físico que inventou a escala centesimal do termómetro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "Olof Celsius". Consultado o 15 de maio de 2016.