Ollo morado
Aparencia
| Ollo morado | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O ollo morado é unha equimose ao redor do ollo comunmente debida a unha ferida no rostro. O nome débese á cor da contusión ocular. A maioría das lesións de ollos morados son menores e sanan soas no transcurso dunha semana.
Etioloxía
[editar | editar a fonte]O traumatismo cerca dunha cella ou algún lugar que non estea situado directamente no ollo pode facer que a pálpebra se volva dunha cor purpúrea. As feridas oculares e os traumatismos na cabeza poden tamén coincidir cun ollo morado.
Cadro clínico
[editar | editar a fonte]A aparencia dramática (decoloración e turxencia) non indica necesariamente unha ferida seria.
Tratamento
[editar | editar a fonte]Xeralmente a asistencia médica non é necesaria, salvo que haxa lesión ocular.
Complicacións
[editar | editar a fonte]Os signos clínicos que indicarían complicacións na lesión son:
- Visión dupla ou borrosa
- Perda de visión
- Perda de consciencia
- Imposibilidade para mover o ollo ou para pestanexar
- Hemorraxia nasal ou ótica
- Hemorraxia na superficie ocular
- Dor de cabeza persistente
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ollo morado |
