Olivia de Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olivia de Miguel
Nome completoOlivia de Miguel
Nacemento1948
Lugar de nacementoLogroño
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Zaragoza e Universidade Autónoma de Barcelona
Ocupaciónprofesora universitaria, tradutora e filóloga
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
Na rede
Dialnet: 166465
editar datos en Wikidata ]

Olivia de Miguel Crespo, nada en Logroño en 1948, é unha profesora universitaria e tradutora española, galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2011 pola versión ó español de Poesía completa, da estadounidense Marianne Moore.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Zaragoza e doutora en Teoría da Tradución pola Universidade Autónoma de Barcelona, é profesora titular da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra[2].

Como tradutora literaria traduciu desde o inglés ó español a autores coma Kate Chopin, Joan Didion, George Orwell, Judith Thurman, Barry Hannah ou G. K. Chesterton[2].

Notas[editar | editar a fonte]