Oligómero
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/15-crown-5_and_monomer_3D_balls.png/220px-15-crown-5_and_monomer_3D_balls.png)
En química e bioquímica, un oligómero[1] é unha molécula que consta dunha poucas unidades repetidas, que se pode derivar, na realidade ou conceptualmente, de moléculas máis pequenas, os monómeros.[2][3][4] O nome componse dos elementos gregos oligo-, 'poucos' e -mero, 'partes'. O adxectivo é oligomérico.[5][4]
O concepto de oligómero contrasta co de polímero, o cal se considera normalmente que consta dun gran número de unidades, posiblemente miles ou millóns. Porén, non hai unha distinción clara entre estes dous conceptos. Un criterio proposto é ver se as propiedades da molécula varían significativamente con retirada dunha ou dunhas poucas unidades, cousa que non ocorrería cos polímeros.[4]
Un oligómero cun número específico de unidades denomínase co prefixo grego que indica dito número, ao que se engade a terminación -mero. Así teriamos:
- dímero, con dúas,
- trímero, con tres,
- tetrámero, con catro,
- pentámero, con cinco,
- hexámero, con seis etc.
As unidades du oligómero poden estar dispostas linearmente formando unha cadea (como no melam, un dímero da melamina); formando un anel pechado (como o trioxano, un trímero cíclico do formaldehido); ou ter unha estrutura máis complexa (como no tetrabromuro de telurio, un tetrámero de TeBr
4 cunha parte central case cúbica). Se as unidades son idénticas fálase de homooligómeros, e se non o son, fálase de heterooligómeros. Un exemplo de proteína oligomérica é o coláxeno, que está composta por tres cadeas proteícas idénticas, e de heterooligómero, a hemoglobina formada por dúas cadeas distintas con dúas copias de cada, en total catro.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Tetrapeptide_structural_formulae_v.1.png/220px-Tetrapeptide_structural_formulae_v.1.png)
2N− do seguinte.
Moitas moléculas biolóxicas importantes son polímeros ou oligómeros. Aínda que unha cadea proteica é un polímero de moitos aminoácidos, varias destas cadeas poden asociarse formando unha proteína oligomérica, como a hemoglobina, que é tetrámera. Un oligómero de aminoácidos denomínase oligopéptido ou simplemente péptido. Un oligosacárido é un oligómero de monosacáridos (carbohidratos ou azucres simples), pero cando os carbohidratos conteñen moitas unidades son polímeros e denomínanse polisacáridos. Os ácidos nucleicos adoitan ser longos e poliméricos, formados por moitas unidades chamadas nucleótidos, pero ás veces son curtos e denomínanse oligonucleótidos, que son fragmentos curtos monocatenarios dun ácido nucleico natural ou de análogos de ácidos nucleicos como os de ácido nucleico peptídico ou os Morfolinos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/86/Mpyv_vp1_pentamer_vp2_1sie_1cn3.png/220px-Mpyv_vp1_pentamer_vp2_1sie_1cn3.png)
Moitos aceites minerais son oligoméricos, como a parafina líquida. Os plastificantes son ésteres oligoméricos ampliamente utilizados para abrandar termoplásticos como o PVC. Poden estar feitos de monómeros unidos entre si, ou poden orixinarse por separación das fraccións maiores do cru. O polibuteno é un aceite oligomérico usado para facer masilla.
Multímero
[editar | editar a fonte]As unidades dun oligómero poden estar unidas por enlaces covalentes, o cal pode ser o resultado dun rearranxo de enlaces ou reacción de condensación, ou por forzas febles como os enlaces de hidróxeno. O termo multímero utilízase en bioquímica para proteínas oligoméricas que non están unidas covalentemente.
Oligomerización
[editar | editar a fonte]En química e bioquímica, a oligomerización é un proceso químico que converte os monómeros en complexos macromoleculares por medio dun grao de polimerización finito.[4] A telomerización é unha oligomerización levada a cabo en condicións que teñen como resultado a transferencia de cadea, limitando o tamaño dos oligómeros.[6][4] (Este concepto non debe confundirse coa formación dun telómero, a rexión de ADN moi repetitivo situada no extremo dun cromosoma.)
Oligomerización no combustible verde
[editar | editar a fonte]Na industria do petróleo e o gas, os combustibles verdes son oligómeros formados nos reactores de hidroxenación C2, C3 e C4 de plantas de etileno e outras intalacións de produción petroquímica; trátase dunha mestura de compoñentes reactivos e insaturados de C4 a C20 cun 90% de dienos alifáticos e un 10% de alcanos e alquenos.[7] Diferentes catalizadores heteroxéneos e homoxéneos poden producir estes produtos por medio da oligomerización de alquenos.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de oligómero no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Oligomer". Merriam-Webster. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ "oligomer molecule". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC. (2006–) [1997].
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Jenkins, A. D.; Kratochvíl, P.; Stepto, R. F. T.; Suter, U. W. (1996). "Glossary of basic terms in polymer science (IUPAC Recommendations 1996)". Pure and Applied Chemistry 68 (12): 2287–2311. doi:10.1351/pac199668122287.Cita: Molécula oligomérica: Molécula de masa molecular relativa intermedia, cuxa estrutura comprende esencialmente unha pequena pluralidade de unidades derivadas, realmente ou conceptualemnte, de moléculas de masa molecular relativa menor.
- ↑ Definición de oligomérico no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "telomerization". Compendium of Chemical Terminology (the "Gold Book") (2ª ed.). IUPAC. (2006–) [1997].
- ↑ "Chemicals & Polymers". www.pall.com.
- ↑ Ghashghaee, Mohammad (2018). "Heterogeneous catalysts for gas-phase conversion of ethylene to higher olefins". Rev. Chem. Eng. 34 (5): 595–655. doi:10.1515/revce-2017-0003.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oligómero ![]() |