Olifante (Terra Media)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Debuxo dun olifante ou mûmak.

Os olifantes ou mûmakil (singular mûmak) son uns grandes animais ficticios imaxinados polo escritor británico J. R. R. Tolkien para a súa novela O Señor dos Aneis. Trátase dun paquidermo das terras austrais de Harad, similar ó elefante pero de moito maior tamaño, empregado polos haradrim como elefante de guerra.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome mûmak (singular de mûmakil) é o utilizado habitualmente polos homes de Gondor para referirse a estas bestas. A orixe da palabra non é claro aínda que parece proceder da lingua nativa dos haradrim. Os hobbits, que non os viran durante xeracións pero que conservaban a súa lembranza no folclore, coñécenos como olifantes.

Orixe da palabra «olifante»[editar | editar a fonte]

A palabra «olifante» existe en galego e fai referencia a un corno de marfil que os cabaleiros medievais facían soar como sinal de aviso. No orixinal en inglés, Tolkien usa a palabra oliphaunt, unha variación da palabra arcaica oliphant que se refire tanto ó corno xa mencionado como ó cairo do elefante e ó elefante mesmo.

Descrición na novela[editar | editar a fonte]

Os mûmakil son utilizados polos nativos de Harad, os haradrim, como bestas de carga e tamén nas batallas durante as guerras da Terceira Idade. Na Guerra do Anel son usados polos soldados en Ithilien e na Batalla dos Campos de Pelennor, dun xeito moi semellante a como se utilizaban os elefante de guerra no mundo real. Na batalla levan sobre a costas estruturas similares a torres dende as que atacan os soldados.

Nas adaptacións[editar | editar a fonte]

Na adaptación fílmica de Peter Jackson, os mûmakil aparecen por primeira vez en The Lord of the Rings: The Two Towers, na que Faramir e os seus homes emboscan a dúas bestas e ós seus amos haradrim. En The Lord of the Rings: The Return of the King desempeñan un papel clave na Batalla dos Campos de Pelennor, na que os rohirrim perden moitos homes nunha carga directa contra eles.

Nos filmes aparecen como animais moito maiores ós elefantes reais, con máis de quince metros de altura e dous pares de cairos, dous grandes e un par máis pequenos debaixo. Nos comentarios da edición en DVD do filme, Jackson menciona que as escenas que inclúen ós mûmakil son deliberadamente violentas e máis breves que no corte orixinal, para impedir que o espectador lembre os famosos casos de abuso de elefantes de circo e sinta simpatía polas criaturas. Tamén di que se decidiu que os mûmakil non barruntaran coas súas trompas senón que emitisen un ruxido. Isto tiña como fin impedir que os espectadores os visen como criaturas simpáticas no canto de monstros malvados.