Olga Viaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Olga Cristina Viaño Sánchez»)
Infotaula de personaOlga Viaño
Nome orixinal(es) Olga Cristina Viaño Sánchez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeÁngel Padín Editar o valor em Wikidata

Olga Cristina Viaño Sánchez, nada en Ferrol en 1931 e finada o 4 de decembro de 2008 na Coruña, foi unha xornalista galega, e a primeira muller en dirixir un xornal en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Ferrol en 1931, graduouse en xornalismo na Escola Oficial de Madrid, co número dous da súa promoción[Cómpre referencia]. Obtivo o título de enfermeira pola Universidade Complutense de Madrid e realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de profesora de inglés no instituto de Segundo Ensino Concepción Arenal da súa cidade. Nai de sete fillos, traballou en El Correo Gallego e en Radio Ferrol para seguir como delegada de El Ideal Gallego na capital departamental. Despois, trasladouse a Vitoria ao diario Norte Exprés, onde exerceu de redactora xefe.

No ano 1968 regresou a Galicia, á Coruña, para incorporarse a La Voz de Galicia, na que traballou como xefa de sección local ata setembro de 1985, cando pasou a exercer o cargo de subdirectora do diario El Ideal Gallego. En 1988 foi designada directora en funcións de devandito rotativo, sendo a primeira muller que exerceu este cargo nun diario en Galicia. Ao longo destes anos deu voz aos pseudónimos de María Branca e Antía. Colaboradora fixa na primeira etapa de Antena 3 Radio e do diario ABC, membro da F.E.P.E.T., escribe sobre temas de turismo en El Correo Gallego, así como noutras publicacións españolas. Exerceu como profesora colaboradora en áreas de Teoría da Comunicación, Análise de Motivacións e Publicidade no Centro Español de Nuevas Profesiones de Coruña.

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Galicia, cousas e xentes: [artigos publicados en distintas datas e prensas, seleccionados de acordo coas datas de publicación, todos traducidos ó galego, pola autora], Dora Vázquez, Olga Cristina Viaño Sánchez, A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 1997.
  • La Coruña: pequeños tesoros de una gran ciudad, canda Joaquín Díaz-Pache (1996)
  • Pequeños tesoros de Pontevedra, canda Joaquín Díaz-Pache (1998)
  • Plazas de Galicia (2005)
  • Pequeños tesoros de Betanzos, la Ciudad de los Caballeros, canda Joaquín Díaz-Pache (2000)
  • El lenguaje de las puertas. Portones, portales puertas y cancelas, canda Joaquín Díaz-Pache (1997)
  • Pequeños tesoros del Ferrol de siempre, canda Joaquín Díaz-Pache Montenegro: Librería del Campus, 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]