Olalla Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Olalla Vázquez
Nacemento3 de setembro de 1981
 Chantada
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade Harvard, Gregory L. Verdine e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupacióninvestigadora
editar datos en Wikidata ]

Olalla Vázquez Vázquez, nada en Chantada o 3 de setembro de 1981, é unha científica galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nada en Chantada, terra de seus pais, aos 4 anos xa foi para Pontevedra e estudou secundaria no IES Valle-Inclán.[2] Licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 2004. En 2005 recibiu unha bolsa FPU de doutoramento do Ministerio de Educación e Ciencia español. Para o seu doutoramento, traballou en miméticos sintéticos das proteínas, factores de transcripción e sondas fluorescentes para o recoñecemento de ADN dirixida por José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez. Realizou dúas estadías como estudante visitante na Universidade de Harvard, co profesor Gregory L. Verdine (2006) e na Humboldt Universität zu Berlin, co profesor Oliver Seitz (2008). En 2010 defendeu a súa tese de doutoramento, obtendo Summa cum laude.[3]

Conseguiu a bolsa de investigación posdoutoral Marie Curie e regresou ao laboratorio do profesor Oliver Seitz, traballando sobre as posibilidades de usar reaccións molde baseadas in ARN mensaxeiro para sintetizar péptidos citotóxicos no contexto da terapia contra o cancro. En 2014 obtuvo unha praza de "W1 Juniorprofessor (tenure track)"[4] na Philipps Universität Marburg,  para establecer o novo departamento de  Química Biolóxia en colaboración co profesor Eric Meggers. En 2020, a súa avaliación foi positiva, recibindo unha oferta de Profesora Titular (W 2 Professur ) na mesma universidade. Actualmente Olalla  lidera o seu laboratorio[5] onde traballa no desenvolvemento de ferramentas optoquímicas para controlar e comprender os procesos biolóxicos a nivel molecular”[3]

Durante toda a súa traxectoria profesional publicou artigos en revistas especializadas de alto impacto.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2009: VII Premio Lilly.[7]
  • 2011: Premio de investigación da Deputación de Pontevedra.[8]
  • 2012: European Young Chemist, medalla de prata.[9]
  • 2016: Fulbright-Cottrell.[10]
  • 2017: SPP1926 Young Research Award.[11]
  • 2018: Premio de Biotecnoloxía e Nanotecnoloxía da cidade de Marburg, compartido co profesor Leon Schulte.[12]
  • 2020: Premio á Mellor Investigadora Europea Nova en Química Biolóxica.[13]
  • 2020: Premio á Investigadora Nova Líder de Grupo da Real Sociedad Española de Química.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buela, Ana (2020-11-20). "A precariedade laboral e a fuga de cerebros centrarán a Semana da Ciencia da man das científicas galegas María de la Fuente e Olalla Vázquez". Concello de Pontevedra. Consultado o 2020-11-21. 
  2. Gómez, Chus (26/11/2020). "Se puidera facer o meu traballo en Galicia non estaría en Marburg". Diario de Pontevedra. 
  3. 3,0 3,1 ORCID. "Olalla Vázquez (0000-0002-7555-1865)". orcid.org (en inglés). Consultado o 2020-11-21. 
  4. "Junior professorship" (en inglés). 2020-07-28. 
  5. "Vázquez Lab". Philipps-Universität Marburg (en inglés). Consultado o 2020-11-21. 
  6. "Olalla Vázquez". scholar.google.es. Consultado o 2020-11-21. 
  7. "A doutoranda Olalla Vázquez acada un dos tres galardóns dos VII Premios de Investigación Lilly". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-11-21. 
  8. "Premio de investigación da Diputación de Pontevedra para Olalla Vázquez". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela. 2013-11-08. Consultado o 2020-11-21. 
  9. "Olalla Vázquez". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-11-21. 
  10. "Olalla Vázquez recibe el premio Cottrell-Fulbright 2016". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2016-03-29. Consultado o 2020-11-21. 
  11. Redacción (2020-11-20). "A Semana da Ciencia de Pontevedra aposta por un sector sen discriminación nin precariedade". GCiencia. Consultado o 2020-11-21. 
  12. "Olalla Vázquez, Premio de Biotecnología y Nanotecnología". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2019-05-10. Consultado o 2020-11-21. 
  13. "GEQB Young Group Leader Prize: O. Vázquez / Whistler Award in Carbohydrate Chemistry: Y. Kajihara / Barry Cohen Award: D. Rauh". Angewandte Chemie International Edition 59 (20): 7647–7647. 2020. ISSN 1521-3773. doi:10.1002/anie.202003674. 
  14. RSEQ, Editoras (2020-04-24). "Concesión de los Premios RSEQ 2020 – RSEQ". RSEQ, Real Sociedad Española de Química (en castelán). Consultado o 2020-11-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]