Saltar ao contido

Oksana Chusovitina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOksana Chusovitina

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Bukhara Editar o valor en Wikidata
Altura153 cm Editar o valor en Wikidata
Peso44 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artística Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Uzbekistán
Alemaña Editar o valor en Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor en Wikidata
Participou en
2 de agosto de 2020Ginástica artística nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Salto feminino (pt) Traducir
14 de agosto de 2016Ginástica artística nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Salto feminino (pt) Traducir (7ª)
2016ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Ginástica artística nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Salto feminino (pt) Traducir (5ª)
2008Ginástica artística nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Salto feminino (pt) Traducir (2ª) (medalla de prata olímpica)
2008Ginástica artística nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Individual geral feminino (pt) Traducir (9ª)
2004Xogos Olímpicos de 2004
2002Xogos Asiáticos de 2002
2000Xogos Olímpicos de 2000
decembro de 1998Jogos Asiáticos de 1998 (pt) Traducir
1996gymnastics at the 1996 Summer Olympics – women's artistic individual all-around (en) Traducir (10ª)
1994Jogos Asiáticos de 1994 (pt) Traducir
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – women's artistic team all-around (en) Traducir (1ª)
1992gymnastics at the 1992 Summer Olympics – women's floor (en) Traducir (7ª) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBakhodir Kurbanov Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: oksana.chusovitina.12 Instagram: oksana2016 Olympics.com: oksana-chusovitina Editar o valor en Wikidata

Oksana Chusovitina (de nome completo Oksana Aleksandrovna Chusovitina, en ruso: Оксана Александровна Чусовитина, tamén transcrito Tsjoesovitina, Chusovítina e Čusovitina), nada o 19 de xuño de 1975 en Bukhara, é unha ximnasta alemá-uzbeca. Durante a súa carreira competiu pola Unión Soviética (até 1992), Comunidade de Estados Independentes (1992), Uzbekistán (1993-2006, e de novo desde 2013 até o presente) e Alemaña (2006-2012). Nos Xogos Olímpicos de 1992 converteuse en campioa olímpica (xunto co equipo completo do equipo unificado da CEI). Pola súa longa traxectoria, é coñecida ás veces como a avoa da ximnasia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Oksana Chusovitina comezou a practicar ximnasia en 1982.[2] A súa carreira como ximnasta comezou nos campionatos internacionais comezou en 1989. É a única ximnasta feminina que competiu en oito Xogos Olímpicos. En 2024 lesionouse durante as probas clasificatorias, o que lle impediu participar nos que serían os seus novenos Xogos.[3][4] Ademais, é unha das dúas únicas ximnastas que competiron nos Xogos Olímpicos baixo tres bandeiras diferentes: o Equipo Unificado nos de 1992, Uzbekistán en 1996, 2000, 2004, 2016 e 2021 (Toquio'2020),[5] e Alemaña en 2008 e 2012. Chusovitina tamén competiu en dez Campionatos Mundiais de Ximnasia Artística, tres Xogos Asiáticos e tres Xogos de Boa Vontade (Goodwill Games). Con nove medallas, ostenta o récord de máis medallas individuais nos Campionatos Mundiais de Ximnasia Artística nunha soa proba; en 2023 gañou medalla nos Mundiais por terceira vez consecutiva.[6]

Chusovitina é, xunto coa soviética Larissa Latynina, a neerlandesa Suzanne Harmes, a cubana Leyanet Gonzalez e a española Thais Soha-Escolar, unha das poucas ximnastas que regresou ao nivel internacional despois de dar a luz.[7][8]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos de Verán

[editar | editar a fonte]
Ano Cidade Resultado / participación País representado
1992 Barcelona Medalla de ouro en equipo

+ 7º en chan (floor)

Equipo Unificado (ex·URSS)
1996 Atlanta Participou Uzbekistán
2000 Sídney Participou Uzbekistán
2004 Atenas Participou Uzbekistán
2008 Pequín Medalla de prata en salto (vault) Alemaña
2012 Londres Participación - especialista en salto Alemaña
2016 Río de Xaneiro Participación - especialista en salto Uzbekistán
2020[5] Tokio Participación - especialista en salto Uzbekistán

Campionatos do Mundo

[editar | editar a fonte]
Ano Lugar Medallas País representativo
1991 Indianápole 1º equipo (ouro), 1º chan (ouro)

2º salto (prata)

URSS
1992 París 3º salto (bronce) CEI
1993 Birmingham 3º salto (bronce) Uzbekistán
1995 Sabae 6º salto Uzbekistán
2001 Gante 2º salto (prata) Uzbekistán
2002 Debrecen 3º salto (bronce) Uzbekistán
2003 Anaheim 1º salto (ouro) Uzbekistán
2005 Melbourne 2º salto (prata) Uzbekistán
2006 Aarhus 3º salto (bronce) Alemaña
2007 Stuttgart 6º salto Alemaña
2011 Toquio 2º salto (prata) Alemaña
2013 Antuerpen 5º salto Uzbekistán
2017 Montreal 5º salto Uzbekistán
  1. Paula Murillo (2025-11-30). "La atleta eterna: la carrera imposible de Oksana Chusovitina". YouTube (en castelán). Consultado o 2025-12-08.
  2. "International Gymnast Magazine Online". www.intlgymnast.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2001. Consultado o 2025-12-08.
  3. RFM. "Ginasta de 47 anos está a caminho da sua nona olimpíada". RFM (en portugués). Consultado o 2025-12-08.
  4. Amarillo, Ignacio Andrés. "Oksana Chusovítina: un adiós forzado a los Juegos Olímpicos" (en castelán). Consultado o 2025-12-08.
  5. 1 2 Os Xogos Olímpicos de Toquio 2020 manteñen esa denominación, aínda que foron celebrados no verán de 2021, debido á pandemia de COVID-19
  6. "Оксана Чусовитина спорт гимнастикаси бўйича Жаҳон кубогида кумуш медални қўлга киритди". Газета.uz (en uzbeko). 2023-03-11. Consultado o 2025-12-08.
  7. Olympics (2018-06-17). "The Story of Larissa Latynina, the Most Successful Olympic Gymnast". The Olympics On The Record; YouTube. Consultado o 2025-12-08.
  8. Clarín, Redacción (2016-08-10). "La gimnasta más longeva de la historia de los Juegos Olímpicos". Clarín (en castelán). Consultado o 2025-12-08.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]