Oinousses
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Oinousses | |
---|---|
Οινούσσες | |
Localización da illa | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Exeo Setentrional |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 38°31′N 26°13′L / 38.517, -26.217Coordenadas: 38°31′N 26°13′L / 38.517, -26.217 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa marítima |
Superficie | 17.427 km² |
Punto máis alto | 158 m. |
Distancia a terra | 8 km. |
Demografía | |
Poboación | 1.050 (2011) |
Densidade | 60´25 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Oinousses (grego: Οινούσσες, formas alternativas: Aignousa (Αιγνούσα) ou Egnousa (Εγνούσα)) é un grupo de illas conformado unha illa grande e 8 illas máis pequenas a uns 2 km da costa nordés da illa grega de Quíos e a 8 km a o oeste de Turquía.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Administrativamente as illas forman un municipio dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da rexión do Exeo Setentrional. A cidade principal das illas e cabeceira do municipio tamén se chama Oinousses.[1] Oinousses ten unha pequena poboación residente, que viven principalmente na cidade Oinoússes (pob. 792), e nun mosteiro de recente construción. A cidade céntrase nun cadrado e un pequeno porto; que inclúe unha escola, varias igrexas, unha escola secundaria Naval e un museo marítimo. Os únicos outros asentamentos poboados son Kástron (pob. 29) e Aspalathrókampos (5).
A gran maioría da forza laboral da illa dedícase á navegación, a pesca e o pastoreo de cabras.
As illas son famosas por ser a orixe dun conxunto infrecuente de exitosas familias de navieiros: as familias Lemos, Pateras, Hadjipateras, Kollakis e Lyras. Mentres que a maioría destas familias viven agora noutro lugar a maior parte do ano, as illas e a cidade están ben coidados cunha gran conexión naval. Os oinoussianos no estranxeiro destacan polas súas exitosas habilidades empresariais na industria do transporte industrial. Aínda que o número de empresas de explotacións de buques oinoussianos diminuíu desde o seu apoxeo na década de 1960 aínda manteñen unha posición formidable na industria do transporte industrial.
As illas do arquipélago[editar | editar a fonte]
O arquipélago Oinousses comprende as seguintes illas.[2] A máis grande é Oinousses ou Egnoussa (14´3 km²), a segunda máis grande é o illote Pasas ou Panagia (2´5 km²) e o terceiro máis grande é o illote Vatos.
- Oinousses ou Egnoussa (Οινούσσες)
- Agios Panteleimon (Άγιος Παντελεήμων)
- Archontoniso (Αρχοντόνησο)
- Gadros (Γάδρος)
- Gaidouronisos (Γαϊδουρόνησος)
- Mallaropetra (Μαλλιαρόπετρα)
- Monaftis (Μονάφτης)
- Nisi Panagias (Νησί Παναγιάς)
- Nisi Pittas (Νησί Πίττας)
- Papapondikadiko (Παπαποντικάδικο)
- Pasas ou Panagia (Πασάς)
- Pateroniso (Πατερόνησο)
- Pontikonisi (Ποντικονήσι)
- Prassonisia (Πρασονήσια)
- Santa Panagia (Σάντα Παναγιά)
- Vatos (Βάτος)
Poboación histórica[editar | editar a fonte]
Ano | Poboación |
---|---|
1981 | 705 |
1991 | 636 |
2001 | 1.050 |
2011 | 826 |
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ Kallikratis law Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)
- ↑ "Οινούσσες". diakopes.in.gr. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 30 de abril de 2016.