Saltar ao contido

Ognjen Teofilović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOgnjen Teofilović
Biografía
Nacemento19 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaSerbia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

UEFA: 250201325 Editar o valor en Wikidata

Ognjen Teofilović (no alfabeto cirílico serbio: Огњен Теофиловић), nado en Belgrado o 19 de setembro de 2006, é un futbolista serbio que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa formación nas categorías inferiores do Estrela Vermella de Belgrado.[1] En 2018 pasou a formar parte do FK Čukarički, un ano despois ingresou no FK Brodarac e posteriormente xogou nos equipos xuvenís do FK 011 e do FK Voždovac.[2][3] No ano 2023 asinou o seu primeiro contrato profesional co FK TSC e comezou a adestrar co primeiro equipo.[4]

Teofilović regresou ao Estrela Vermella en 2024 cun novo contrato de dous anos.[5] Debido ao compromiso de varios futbolistas coas seleccións nacionais, en marzo de 2025 o adestrador Vladan Milojević convocou 12 xogadores xuvenís para unirse ao equipo sénior, incluído Teofilović.[6] O seu debut tivo lugar nun encontro da rolda de dezaseisavos da Copa de Serbia perante o OFK Belgrado.[7] No minuto 83, Teofilović e o seu compañeiro Uroš Tegeltija estreáronse co primeiro equipo e entraron como substitutos de Strahinja Stojković e Bruno Duarte.[8]

O 3 de setembro de 2025, Ognjen Teofilović asinou un contrato de catro tempadas co Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.[9]

  1. "Ognjen Teofilović" (en alemán). Bild. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  2. "Фудбал: Професионални уговор кадету Огњену Теофиловићу из Врчина за ТСЦ из Бачке Тополе" (en serbio). Ug Preporod. 21 de xuño de 2023. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  3. Stojiljković, Milan (27 de xuño de 2023). "Zmaj postao lav: Miloš Pantović zvanično u dresu TSC" (en serbio). sportklub.n1info.rs. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  4. Јовановић, Д. (7 de febreiro de 2024). "Талентовани нападач потписао уговор са Црвеном звездом" (en serbio). Sportski žurnal. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  5. Brnjašević, Marko (23 de marzo de 2025). "Milojević priključio 12 omladinaca pred susret sa OFK Beogradom" (en serbio). Meridian Sport. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  6. "Црвена звезда (Београд) 5 : 3 ОФК Београд". fss.rs (en serbio). 26 de marzo de 2025. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  7. "Црвена звезда - ОФК Београд 5:3 (3:3)". crvenazvezdafk.com (en serbio). 26 de marzo de 2025. Consultado o 29 de marzo de 2025.
  8. "Ognjen Teofilovic, nuevo jugador del CD Lugo" (en castelán). CD Lugo. 3 de setembro de 2025. Consultado o 21 de setembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]