Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento
| Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
A Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento é un acto institucional e relixioso anual que se celebra en Lugo o domingo seguinte ao do Corpus Christi, no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Consiste nunha ofrenda ao Santísimo e unha procesión pola cidade. Con esta tradición cúmprese cun voto solemne feito en 1669, ante as dificultades económicas da catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o altar maior.[2] O ritual procede da sétima condición da escritura para a concesión dun donativo para cera, na que se pon como modelo “la forma que en nombre de los Reynos de Hespaña, se ofreçen al Apostol Santiago los quinientos escudos de oro, el dia de su translaçion”.
Ademais da misa solemne, desde 1925[3] o rito da ofrenda celébrase por quendas rotatorias anuais da man dos mandatarios municipais das sete cidades do antigo Reino de Galicia (o alcalde ou alcaldesa, ou un delegado ou representante seu).
Entre as tradicións litúrxicas, unha banda de gaiteiros interpreta a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia, con gaitas en tres tonalidades e percusión.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resumen del ritual de la ceremonia de la Ofrenda del Reino de Galicia a través de los siglos". Diocese de Lugo (en castelán).
- ↑ "El Reino de Galicia ante su principal señor y rey". Galicia. Revista Universal de este Reino (13): 193–194. 1 de xullo de 1865.
- ↑ "La peregrinación eucarística. Galicia ante el Sacramento". La Voz de la Verdad (en castelán). 16 de xuño de 1925. pp. 1–2.
- ↑ "Ofrenda do Reino de Galicia ao Santisimo Sacramento". Cultura de Galicia. 9 de xuño de 2024.