Odontodactylus scyllarus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Odontodactylus scyllarus
Odontodactylus scyllarus1.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Stomatopoda
Familia: Odontodactylidae
Xénero: Odontodactylus
Especie: O. scyllarus
Nome binomial
Odontodactylus scyllarus
(Linnaeus, 1758)
Curious mantis shrimp from Gilli Banta reef.JPG

Odontodactylus scyllarus é unha especie de crustáceo estomatópodo nativo da zona do Indopacífico desde a illa de Guam a África oriental.[1]

É aprezado no comercio de acuarios de auga salgada polo seu atractivo, pero é considerado por outros como unha praga perigosa.

Descrición[editar | editar a fonte]

O. scyllarus é un dos máis grandes e coloridos estomatópodos que se ven comunmente no mar, que mide de 3 a 18 cm.[1] Son principalmente verdes con patas laranxas e manchas como as do leopardo na parte anterior do cacho.[1]

A súa capacidade de ver a luz polarizada circularmente fixo que se lle fixeran estudos para determinar se os macanismos polos cales funcionan os seus ollos poden ser replicados para o seu uso na lectura de CDs e outros aparellos cun almacenamento de información óptico similar.[2][3]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Odontodactylus scyllarus é un animal escavador que constrúe buratos con forma de U no substrato solto preto da base dos arrecifes de coral a profundidades de entre 3 e 40 m.[1]

O. scyllarus pode dar grandes golpes cun apéndice raptorial con forma de maza que ten.[1] É un cazador activo que prefire comer gasterópodos, crustáceos e bivalvos,[1] e golpea repetidamente a súa presa ata que pode acceder aos tecidos brandos dos que se alimenta. Informouse que cando golpea a súa maza chega a unha velocidade de 80 km/h. Este é o golpe máis rápido coñecido nun animal. A aceleración é similar á da bala dun rifle de calibre 22, exercendo unha forza de 1500 N[4] en cada pancada. Ademais, a superficie dos seus apéndices está feita de hidroxiapatito extremadamente denso, con capas dispostas dun xeito que o fai moi resistenta á fracturación. Os acuarios de cristal poden romper cun golpe dado por estes animais. A composición e estrutura destas capas está sendo estudada para o seu uso en posibles sínteses ou en enxeñaría.[5][6]

Acuarios[editar | editar a fonte]

Algúns afeccionados aos acuarios de auga doce teñen esta especie en catividade.[7]

Algúns acuaristas valoran esta colorida especie, pero outros considérana unha nociva praga porque son voraces predadores que comen outros habitantes desexables do acuario. Algúns dos espécimes máis grandes poden mesmo romper o cristal do acuario golpeándoo, e poden causar danos ao facer escavacións en rochas vivas incluídas nos acuarios (que son de coral ou teñen incrustados seres vivos). Estas rochas "vivas" son consideradas por algúns útiles no comercio dos acuarios e ás veces colecciónanse. Non é raro que ao meter unha rocha viva no acuario se introduza nel inadvertidamente un destes crustáceos agochado nela. Unha vez dentro do acuario, o animal pode comer peixes e outros habitantes. Son difíciles de capturar cando se establecen nun acuario ben fornecido.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Roy Caldwell. "Species: Odontodactylus scyllarus". Roy's List of Stomatopods for the Aquarium. Consultado o July 18, 2006. 
  2. John Roach (June 27, 2011). "Shrimp eyes inspire optical tech". MSNBC. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2011. Consultado o June 28, 2011. 
  3. Yi-Jun Jen; Akhlesh Lakhtakia; Ching-Wei Yu; Chia-Feng Lin; Meng-Jie Lin; Shih-Hao Wang; Jyun-Rong Lai (2011). "Biologically inspired achromatic waveplates for visible light". Nature Communications 2: 363. Bibcode:2011NatCo...2E.363J. PMID 21694711. doi:10.1038/ncomms1358. 
  4. Patek, S. N.; Caldwell, R. L. (October 2005). "Extreme impact and cavitation forces of a biological hammer: strike forces of the peacock mantis shrimp Odontodactylus scyllarus". Journal of Experimental Biology 208 (Pt 19): 3655–64. PMID 16169943. doi:10.1242/jeb.01831. 
  5. Sarah Everts (2012). "How a peacock shrimp packs a punch: layered structure is behind animal's resilient club". Chemical & Engineering News 90 (24): 6. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 06 de xullo de 2019. 
  6. James C. Weaver; Garrett W. Milliron; Ali Miserez; Kenneth Evans-Lutterodt; Steven Herrera; Isaias Gallana; William J. Mershon; Brook Swanson; Pablo Zavattieri; Elaine DiMasi; David Kisailus (2012). "The stomatopod dactyl club: a formidable damage-tolerant biological hammer". Science 336 (6086): 1275–1280. Bibcode:2012Sci...336.1275W. PMID 22679090. doi:10.1126/science.1218764. 
  7. Fatheree, James (2008). "A Load of Learnin' About Mantis Shrimps". Reefkeeping.
  8. Nick Dakin (2004). The Marine Aquarium. London: Andromeda. ISBN 978-1-902389-67-7. 
  9. April Holladay (September 1, 2006). "Shrimp spring into shattering action". USA Today. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]