Odoardo Beccari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odoardo Beccari
Nacemento16 de novembro de 1843
Lugar de nacementoFlorencia
Falecemento25 de outubro de 1920
Lugar de falecementoFlorencia
NacionalidadeReino de Italia
Alma máterUniversidade de Pisa
Ocupaciónbotánico, entomólogo, naturalista, botanical collector e colecionador de animais
FillosNello Beccari
editar datos en Wikidata ]
Odoardo Beccari

Odoardo Beccari (16 de novembro de 1843 - 25 de outubro de 1920) foi un naturalista e botánico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orfo xa de cativo, entro nun ofanato en Lucca, onde con trece anos comezou as súas observacións naturalistas. En 1861, estudando ciencias naturais na Universidade de Pisa, foi nomeado asistente de botánica de Pietro Savi. Pasou pola Universidade de Boloña baixo a docencia de Antonio Bertoloni. Con Giacomo Doria, naturalista xenovés, mantivo unha fonda amizade que durou toda a vida.

Despois de licenciarse traballou nos Kew Gardens, onde coñeceu a Charles Darwin, William Jackson Hooker e Joseph Dalton Hooker e principalmente a James Brooke, o raxá de Sarawak (Borneo). En abril de 1865 marchou no sequito de Brooke e en compañía de Doria a Sarawak, onde permaneceu tres anos, dirixindo numerosas expedicións e recollendo innumerables exemplares de plantas, cunchas, bolboretas e outros insectos e animais, porén o seu interese principal foi a palmeira: describiu 130 especies en 25 xéneros diferentes.

En 1868, a causa da malaria tivo que volver, estableceuse en Florencia e fundou en 1869 o Nuovo Giornale Botanico Italiano. Retornou ás exploracións, primeiro en Etiopía e despois, en 1872 en Nova Guinea e Indonesia. Volveu a Florencia en 1876.

En 1877 Beccari realiza unha viaxe a Extremo Oriente visitando localidades da India, Malaisia, Australia, Tasmania e Nova Zelandia; en maio de 1878, partindo de Xava, completa unha exploración de cinco meses nas selvas de montaña de Sumatra, onde descobre a Amorphophallus titanum, a meirande inflorescencia do mundo.

Ó seu retorno a Florencia, a fins de 1878, Beccari foi nomeado director do Giardino dei semplici. Axiña entrou en conflito, polo seu carácter impulsivo e independente, coa administración do Instituto de Estudos Superiores e en 1879 presentou a súa renuncia.

A partir de 1880 Beccari dedícase a estudar os materiais das súas coleccións botánicas e publicando os resultados na revista que el fundara «Malesia», pero en 1887 a fin do financiamento do Instituto de Estudos Superiores provocou que Beccari tivera que parar no estudo dos seus materiais. Dedicou o tempo á escrita das súas memorias, publicando en 1902 Nelle foreste di Borneo, un libro que se fixo famoso internacionalmente, traducido a moitas linguas. En 1904 entrou na Accademia dei Lincei.

Entre as especies que descubriu e deu nome están Rhapis subtilis, Rhapis laosensis, Carpentaria acuminata, Livistona decipiens , Livistona loryphylla, Livistona rigida e o xénero Howea. Varios xéneros de plantas recibiron o seu nome: Beccarina, Beccarianthus, Beccariella, Beccarinda e Beccariophoenix (aínda que só estes dous últimos acéptanse agora en tasonomía). O seu nome aparece nas especies de palmeira Hydriastele beccariana, Licuala beccariana e Pritchardia beccariana.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Malesia, raccolta di osservazioni botaniche intorno alle piante dell'arcipelago indo-malese e papuano (Xénova, Roma, Florencia, 1877-1890, tres volumes)
  • Nelle Foreste di Borneo. Viaggi e ricerche di un naturalista (S. Landi, Florencia, 1902)
  • Palme del Madagascar (1912)
  • Nova Guinea, Selebes e Molucche. Diari di viaggio ordinati dal figlio Prof. Dott. Nello Beccari (La Voce, Florencia, 1924)
  • Asiatic Palms, Annual Review of the Botanical Garden of Calcutta, v. XI, 1908-v. XIII, 1931-32

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]