Oddworld: Abe's Oddysee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oddworld: Abe's Oddysee
Desenvolvedor(es)Oddworld Inhabitants
Digital Dialect (PC)
Saffire (Game Boy)
Distribuidora(s)GT Interactive
Modelo:Vgrelease
Director(es)Lorne Lanning
Produtor(es)Frank Ryan
Steven Olds
Deseñador(es)Lorne Lanning
Paul O'Connor
Jeffrey Brown
Artista(s)Farzad Varahramyan
Cathy Johnson
Leonardo Palang
Compositor(es)Ellen Meijers-Gabriel
Josh Gabriel
Lanzamento19 de setembro de 1997
XéneroPlataforma cinemática
Modos de xogoUn xogador
Clasificación USK
Plataforma(s)PlayStation
Game Boy
DOS
Microsoft Windows
SerieOddworld
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt0190588 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oddworld: Abe's Oddysee é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Oddworld Inhabitants e distribuído por GT Interactive. Foi estreado en 1997 para as consolas PlayStation, DOS e Microsoft Windows en América do Norte, Australia e Europa. O videoxogo foi lanzado baixo o título Abe a GoGo (エイブ・ア・ゴーゴー Eibu A Gōgō?) no Xapón para PlayStation polo distribuidor SoftBank, cunha versión para PC no 2001. A versión de Game Boy de Abe's Oddysee, titulado como Oddworld Adventures, foi desenvolvida por Saffire Corporation e distribuído por GT Interactive en 1998.

O xogo céntrase na personaxe de Abe, un escravo Mudokon na fábrica de procesamento de carne 'RuptureFarms'. Cando descobre que os seus compañeiros Mudokons van a ser masacrados, decide escapar e liberar a tódolos Mudokons escravizados que poida. O xogador asume o papel de Abe mentres comeza unha perigosa aventura para emancipar o seu pobo oprimido.

Oddworld: Abe's Oddysee foi amplamente aclamado polo seu modo de xogo innovador, os seus gráficos, e as súas escenas cinemáticas envolventes. Porén, o sistema de salvado a través de puntos de salvado recibiu críticas. Foi o primeiro videoxogo da serie Oddworld con cinco entregas, na que están incluídas as súas secuelas directas, Oddworld: Abe's Exoddus, Oddworld: Munch's Oddysee e Oddworld: Stranger's Wrath. Un remake titulado Oddworld: New 'n' Tasty! foi desenvolvido por Just Add Water e distribuído por descarga dixital no 2014.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]