Odón Luís Abad Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Odón Luís Abad Flores
Datos persoais
Nacemento 18 de novembro de 1929
Lugar Puerto Tarafa
Falecemento 26 de maio de 2016
Nacionalidade España
Actividade
Campo enxeñeiro agrónomo, profesor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Odón E. Luís Abad Flores, nado en Puerto Tarafa (Camagüey, Cuba) o 18 de novembro de 1929[1] e falecido o 26 de maio de 2016[2], foi un profesor, escritor e enxeñeiro agrónomo galego. Desde 1932 residía en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Imaxe en La Voz de Galicia

Fillo da emigración, acadou o título de Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Escuela Superior Técnica de Ingenieros Agrónomos de Madrid en 1960. Nesa escola fundou a revista Agro.[3][4] Nese mesmo ano incorpórase ao Servizo Nacional de Concentración Parcelaria [5] na Coruña, pasando a ser, en 1963, o primeiro enxeñeiro-xefe provincial de dito organismo en Lugo, ao mesmo tempo que subdirector e profesor de Fitotecnia e Motores e Máquinas da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo desde su fundación até 1971; nesa escola fundou a revista Fronte e Cocote, dirixindo os seus primeiros números. En 1972 foi designado inspector rexional en Galicia do recentemente creado Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (IRYDA, nas súas siglas en castelán), até 1984, en que foi nomeado director xeral de Planificación e Desenvolvemento Agrario da Xunta de Galicia, ate 1986.[6]

Dedicou toda a súa vida ao estudo da agricultura galega. Desenvolveu a súa actividade profesional realizando ou dirixindo a concentración parcelaria de máis de dez mil hectáreas e a execución de máis de cinco mil quilómetros de camiños e estradas rurais. Colaborou tamén no proceso de electrificación rural do Instituto Nacional de Colonización (INC).[3]

Publicou varios libros e numerosos traballos científicos e literarios (Estampas do meu amigo Pepiño, Los Cinco Traperos, Década de Fermín, Una opción para la reforma agraria de Galicia, Complemento al Catón galego de Ben Cho Sey etc.[7]) e artigos na prensa diaria e especializada, e pronunciou innumerábeis conferencias sobre ecoloxía, residuos urbanos sólidos, enerxías alternativas, novas tecnoloxías, xenética de poboacións e alimentos transxénicos. Durante catro anos tivo o seu cargo as páxinas agrarias de La Voz de Galicia, e formou parte de varias comisións e organismos relacionados coa política agraria de Galicia. Nos seus escritos adoita usar os pseudónimos Dabades, Pau de Vimbio, Garabolos ou O cabalo de diante.[3]

Foi socio fundador de FEROGASA, redactor do seu proxecto de execución e director do seu consello de administración no período 1996 - 1997.

Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia [8] e da Real Academia de Ciencias de Galicia, desde 1982 [9], e membro numerario do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses desde 1984 [10]. Ademais formou parte da Association Général des Hygienistes et Techniciens Municupaux (1989 - 1999).

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Introducción á economía galega de hoxe, 1969
  • Una opción para la reforma agraria de Galicia
  • A reforma agraria do minifundio
  • Máquinas e trebellos pra labrar a terra: complemento agrícola ó catón galego. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1970
  • Estampas do meu amigo Pepiño. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1980. Ilust. do autor, limiar de Isaac Díaz Pardo. ISBN 84-7492-024-8
  • A cousa agraria no Estatuto de Autonomía. Vigo: Galaxia, 1980

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio "Pérez Lugín" (1951), da Asociación de la Prensa de La Coruña[11] polo seu traballo Galicia a través de los personajes de Emilia Pardo Bazán.
  • Oficial da Orde Civil do Mérito Agrícola.[12]
  • Premio "Fernández Latorre" (1964) polo seu artígoo O grao de corvo, un dos contos que forman parte do libro Estampas do meu amigo Pepiño.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 9. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Pasamento do Académico D. Odón Luis Abad Flores, Real Academia Galega de Ciencias, 31 de maio de 2016
  3. 3,0 3,1 3,2 Galicia Dixital. Galegos
  4. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, logo de presidir a Xunta de Goberno da Deputación, informou na tradicional rolda de prensa posterior, fóra dos asuntos da orde do día, que a Área de Cultura da Deputación "vai recuperar a primeira publicación do poema Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra que se publicou en 1972", segundo lembrou Antón Bao, no número 3, páxina 63, da revista Fronte e Cocote, da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo. Antón Bao (...), lembrou a historia da primeira edición deste poema que a Área de Cultura recuperou e distribuirá franqueada por unha orla con debuxos de Castelao. O director da publicación era o enxeñeiro agrónomo e profesor Odón Luís Abad Flores, o subdirector o veterinario e profesor Leoncio Cadórniga Carro e o xefe de redacción o alumno Adolfo de Abel Vilela. A Letanía, segundo lembrou Bao, foi prohibida en tres ocasións pola censura, nunha delas aparecía na cuberta dun disco. Foi o colaborador da revista Xesús Alonso Montero, que era veciño de Abad Flores, o que propuxo a publicación. Decidiuse facer unha orla reproducindo debuxos de Castelao tomados do Álbum Nós que fotografou o que era alumno Miguel Ángel Montero Vaz, dun exemplar que tiña na súa casa Abad Flores. Debuxou a orla por encargo de Adolfo de Abel o pintor Luís Gómez Pacios. Deputación Provincial de Lugo
  5. Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995 páx. 17
  6. Decreto de nomeamento e de cese
  7. Un exemplo de conto: Porco. Véxase en Galicia Dixital
  8. Na sección Ciencias afíns. Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. [1]
  9. Na Academia Galega de Ciencias ingresou co discurso Home e técnica
  10. Ingresou co discurso Sobre la Academia de Agricultura de La Coruña, lido o 18 de decembro de 1984, e publicado polo Instituto en 1988.[2]
  11. Asociación de la Prensa de La Coruña
  12. Diario ABC de Madrid
  13. Fundación Fernández Latorre. Inclúe unha breve descrición do artigo-conto e mais unha caricatura de Siro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]