Odón II do Condado de Borgoña
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2025.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1180 (Gregoriano) ![]() valor descoñecido ![]() |
Morte | 7 de maio de 1234 ![]() Besançon, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Langheim Abbey (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata ![]() |
Outro | |
Título | Duque Conde Conde de Borgoña ![]() |
Familia | Counts of Andechs (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Beatrice II, Countess of Burgundy (1208, 1208 (Gregoriano)–1231) Sophie of Anhalt ![]() |
Fillos | Adelaide I de Borgonha ( ![]() Otto III ( ![]() Beatrix of Andechs-Merania ( ![]() Agnes of Merania ( ![]() Elisabeth of Andechs-Merania ( ![]() Marguerite of Merania ( ![]() ![]() |
Pais | Bertoldo IV de Merânia ![]() ![]() |
Irmáns | Heduvixes de Silesia Xertrude de Merania Inês da Merânia Ekbert von Andechs-Meranien Henrique II, Margrave da Ístria Berthold V. ![]() |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie ![]() |
![]() |
Odón I de Andechs e Merania (e Odón II de Borgoña), nado en 1180 e finado en 1234, foi conde de Andechs, duque de Merania (ou Andechs-Merania e conde de Borgoña por matrimonio coa condesa Beatriz II de Borgoña. O seu irmán Henrique recibiu o goberno das marcas de Istria e de Carniola, que formaban parte do ducado de Merania e polo tanto suxeitas feudalmente a Odón, pero á súa morte en 1228, estes territorios pasaron tamén a seren administrados directamente por Odón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Odón naceu en 1180, fillo do conde de Andechs e duque de Merania Bertoldo IV de Diessen e de Inés da Baixa Lusacia. Á morte do seu pai en 1204, sucedeuno como conde de Andechs e duque de Andechs-Merania aos 24 anos. En 1208 converteuse en conde de Borgoña por matrimonio coa condesa Beatriz II de Borgoña coa que tivo como fillos a:
- O futuro duque Odón II de Andechs e Merania e conde Odón III de Borgoña (1208-1248).
- Inés de Andechs (m. 1263).
- Beatriz de Andechs (m. 1265).
- Margarida de Andechs (m. 1271).
- Alix ou Adelaida de Merania (m. 1279), futura condesa Adelaida I de Borgoña.
- Isabel de Andechs (m. 1272).
En 1208 o emperador xermánico Filipe de Suabia foi asasinado en Bamberg (a 250 km ao norte de Andechs) polo seu rival, o emperador xermánico Odón IV. Membros da Casa dos Andechs (o seu irmán Henrique II de Istria e I de Carniola e o príncipe bispo de Bamberg, Egnert) estiveron implicados no crime. O castelo de Andechs foi entón completamente destruído e a casa de Andechs perdeu todos os seus títulos e bens por decisión do emperador Odón IV, en 1209 (aínda que parece que conservou o dominio polo menos en parte), e tamén confiscaron as súas terras bávaras, que pasaron aos Wittelsbach. Odón II de Borgoña intentou reconciliarse coa autoridade imperial para recuperar as posesións da familia, cousa que parece ter conseguido, e os Andech foron rehabilitados e Henrique volveu gobernar ata a súa morte sen fillos en 1228, cando Odón II o sucedeu en Istria e Carniola.
En 1231 morreu aos 38 anos a súa muller, a condesa Beatriz II de Borgoña. Odón quedou como conde co nome de Odón II de Borgoña. Morreu en Besançon en 1234 aos 54 anos. Sucedeuno o seu fillo Odón II de Andechs e Merania, que no condado de Borgoña foi Odón III de Borgoña.