Odón Luís Abad Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Odón E. Luis Abad Flores»)
Infotaula de personaOdón Luís Abad Flores

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1929 Editar o valor em Wikidata
Puerto Tarafa, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 2016 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo , catedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua galega e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Odón E. Luís Abad Flores, nado en Puerto Tarafa (Camagüey, Cuba) o 18 de novembro de 1929[1] e finado o 26 de maio de 2016[2], foi un profesor, escritor e enxeñeiro agrónomo galego. Desde 1932 residía en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Imaxes externas
Imaxe en La Voz de Galicia

Fillo da emigración, acadou o título de Doutor Enxeñeiro Agrónomo pola Escuela Superior Técnica de Ingenieros Agrónomos de Madrid en 1960. Nesa escola fundou a revista Agro.[3][4] Nese mesmo ano incorpórase ao Servizo Nacional de Concentración Parcelaria [5] na Coruña, pasando a ser, en 1963, o primeiro enxeñeiro-xefe provincial de dito organismo en Lugo, ao mesmo tempo que subdirector e profesor de Fitotecnia e Motores e Máquinas da Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo desde su fundación até 1971; nesa escola fundou a revista Fronte e Cocote, dirixindo os seus primeiros números. En 1972 foi designado inspector rexional en Galicia do recentemente creado Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (IRYDA, nas súas siglas en castelán), até 1984, en que foi nomeado director xeral de Planificación e Desenvolvemento Agrario da Xunta de Galicia, até 1986.[6]

Dedicou toda a súa vida ao estudo da agricultura galega. Desenvolveu a súa actividade profesional realizando ou dirixindo a concentración parcelaria de máis de dez mil hectáreas e a execución de máis de cinco mil quilómetros de camiños e estradas rurais. Colaborou tamén no proceso de electrificación rural do Instituto Nacional de Colonización (INC).[3]

Publicou varios libros e numerosos traballos científicos e literarios (Estampas do meu amigo Pepiño, Los Cinco Traperos, Década de Fermín, Una opción para la reforma agraria de Galicia, Complemento al Catón galego de Ben Cho Sey etc.[7]) e artigos na prensa diaria e especializada, e pronunciou innumerábeis conferencias sobre ecoloxía, residuos urbanos sólidos, enerxías alternativas, novas tecnoloxías, xenética de poboacións e alimentos transxénicos. Durante catro anos tivo o seu cargo as páxinas agrarias de La Voz de Galicia, e formou parte de varias comisións e organismos relacionados coa política agraria de Galicia. Nos seus escritos adoita usar os pseudónimos Dabades, Pau de Vimbio, Garabolos ou O cabalo de diante.[3]

Foi socio fundador de FEROGASA, redactor do seu proxecto de execución e director do seu consello de administración no período 1996 - 1997.

Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia [8] e da Real Academia de Ciencias de Galicia, desde 1982 [9], e membro numerario do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses desde 1984 [10]. Ademais formou parte da Association Général des Hygienistes et Techniciens Municupaux (1989 - 1999).

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Introdución á economía galega de hoxe, 1969. Con Mario Orjales Pita et al.
  • Una opción para la reforma agraria de Galicia
  • A reforma agraria do minifundio
  • Máquinas e trebellos pra labrar a terra: complemento agrícola ó catón galego. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1970
  • Estampas do meu amigo Pepiño. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro, 1980. Ilust. do autor, limiar de Isaac Díaz Pardo. ISBN 84-7492-024-8
  • A cousa agraria no Estatuto de Autonomía. Vigo: Galaxia, 1980

Distincións[editar | editar a fonte]

  • Premio "Pérez Lugín" (1951), da Asociación de la Prensa de La Coruña[11] polo seu traballo Galicia a través de los personajes de Emilia Pardo Bazán.
  • Oficial da Orde Civil do Mérito Agrícola.[12]
  • Premio "Fernández Latorre" (1964) polo seu artígoo O grao de corvo, un dos contos que forman parte do libro Estampas do meu amigo Pepiño.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 9. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Pasamento do Académico D. Odón Luis Abad Flores Arquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine., Real Academia Galega de Ciencias, 31 de maio de 2016
  3. 3,0 3,1 3,2 Galicia Dixital. Galegos
  4. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, logo de presidir a Xunta de Goberno da Deputación, informou na tradicional rolda de prensa posterior, fóra dos asuntos da orde do día, que a Área de Cultura da Deputación "vai recuperar a primeira publicación do poema Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra que se publicou en 1972", segundo lembrou Antón Bao, no número 3, páxina 63, da revista Fronte e Cocote, da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo. Antón Bao (...), lembrou a historia da primeira edición deste poema que a Área de Cultura recuperou e distribuirá franqueada por unha orla con debuxos de Castelao. O director da publicación era o enxeñeiro agrónomo e profesor Odón Luís Abad Flores, o subdirector o veterinario e profesor Leoncio Cadórniga Carro e o xefe de redacción o alumno Adolfo de Abel Vilela. A Letanía, segundo lembrou Bao, foi prohibida en tres ocasións pola censura, nunha delas aparecía na cuberta dun disco. Foi o colaborador da revista Xesús Alonso Montero, que era veciño de Abad Flores, o que propuxo a publicación. Decidiuse facer unha orla reproducindo debuxos de Castelao tomados do Álbum Nós que fotografou o que era alumno Miguel Ángel Montero Vaz, dun exemplar que tiña na súa casa Abad Flores. Debuxou a orla por encargo de Adolfo de Abel o pintor Luís Gómez Pacios. Deputación Provincial de Lugo
  5. Dolores Vilavedra (coord.) Diccionario da Literatura Galega, Vol I, Vigo, 1995 páx. 17
  6. Decreto de nomeamento e de cese
  7. Un exemplo de conto: Porco. Véxase en Galicia Dixital
  8. Na sección Ciencias afíns. Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. [1] Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  9. Na Academia Galega de Ciencias ingresou co discurso Home e técnica
  10. Ingresou co discurso Sobre la Academia de Agricultura de La Coruña, lido o 18 de decembro de 1984, e publicado polo Instituto en 1988.[2] Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  11. "Asociación de la Prensa de La Coruña". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 25 de abril de 2011. 
  12. Diario ABC de Madrid
  13. Fundación Fernández Latorre. Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Inclúe unha breve descrición do artigo-conto e mais unha caricatura de Siro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]