Paíño de Madeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Oceanodroma castro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oceanodroma castro
Band-rumped Petrel From The Crossley ID Guide Eastern Birds.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Hydrobatidae
Xénero: Oceanodroma
Especie: O. castro
Nome binomial
Oceanodroma castro
(Harcourt, 1851)

O paíño de Madeira ou paíño chuchagraxas (Oceanodroma castro), é unha especie de ave mariña procelariforme da familia Hydrobatidae propia das zonas cálidas e temperadas dos océanos Atlántico e Pacífico.

Descrición[editar | editar a fonte]

O paíño de Madeira mide de 19 a 21 cm e ten unha envergadura alar de 43 a 46 cm. Pesa entre 44 e 49 g. A súa coloración xeral é escura e ten unha banda branca na rabadilla e a súa cola está lixeiramente bifurcada. É similar ao paíño de rabo gallado, pero este ten a cola máis bifurcada e a súa mancha branca é de distinta forma e esténdese máis cara aos lados.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Clasifícase no xénero Oceanodroma, o de máis especies da familia dos paíños, Hydrobatidae. Os paíños son os membros máis pequenos da orde Procellariiformes, e intregran unha das súas catro familias principais, xunto a Diomedeidae (albatros), Procellariidae (pardelas) e Pelecanoididae.[2] Os procelariformes son aves mariñas que se caracterizan por ter bicos con tubos nasais sobresaíntes e ás longas e estreitas,[3] que lles permiten voar planeando sobre o mar longas distancias.

O paíño de Madeira foi descrito polo naturalista inglés Edward Vernon Harcourt en 1851,[4] co nome de Thalassidroma castro.[5] Posteriormente foi trasladado ao xénero Oceanodroma, creado por Ludwig Reichenbach en 1853. Non se recoñecen subespecies diferenciadas do paíño de Madeira.[2] O nome do xénero é a combinación dos termos gregos Ώκεανός (ōkeanós) 'océano' e δρόμος (dromos) 'corredor', facendo referencia ao costume de peneirar sobre a superficie do mar tocando a auga coas patas de modo que parece camiñar. O seu nome específico procede do termo usado na illa de Madeira «roque de castro» para referirse a esta ave.[6]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Ovo desta ave.

Cría unicamente nas illas das zonas temperadas dos océanos Atlántico e Pacífico, o que comprende as Azores e Madeira no Atlántico e as Galápagos no Pacífico. Aniña en colonias preto do mar no interior de ocos e gretas das rochas. Poñen soamente un ovo branco.

Aínda que se reproducen durante todo o ano en recentes investigacións descubriuse que existen dúas poboacións que usan os mesmos sitios de nidación en diferentes estacións, con picos de nidación en primavera e outono. Ademis as dúas poboacións presentan diferenzas nas súas vocalizaciones e épocas de muda da plumaxe.

Comportamento e alimentación[editar | editar a fonte]

Fóra da tempada de cría permanece en alta mar. Aliméntase peteirando a superficie da auga para atrapar as súas presas, que son invertebrados, pequeños vertebrados e algunhas veces prea. Ocasionalmente mergúllase a pouca profundidade, a uns 40 a 120 cm por debaixo da superficie. Rexistrouse unha profundidade máxima de 170 cm pero podería estar errada por defectos no equipo de medición.[7]

Este paíño achégase ao seu lugar de nidación unicamente pola noite para evitar os ataques predatorios das gaivotas e papamerdas, evitando achegarse a terra mesmo en noites claras de lúa chea. Como a maioría dos paíños e afíns, a súa capacidade de camiñar cando está en terra é limitada e restrínxese a desprazarse torpemente ao seu tobo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2013). "Oceanodroma castro". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 3 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4.
  3. Hoyo, Josep del; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A; de Juana, Eduardo (eds.) (2013). "Procellariidae: Petrels, Shearwaters". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 14 de decembro de 2014. 
  4. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Procellariiformes
  5. Harcourt (1851), A sketch of Madeira, p.123
  6. Jobling, James A. (2010) Helm Dictionary of Scientific Bird Names, 2ª ed., Christopher Helm, Londres. p. 93 y 279
  7. Bried, Joël (2005): Diving Ability of the Madeiran Storm Petrel. Waterbirds 28(2): 162-166. DOI:10.1675/1524-4695(2005)028[0162:DAOTMS]2.0.CO;2 HTML abstract

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]