Saltar ao contido

Observatorio de Tartu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Observatorio de Tartu

Tipoobservatorio astronómico Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteObservatorio de Tartu Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1964 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 58°15′55″N 26°27′59″L / 58.265396, 26.466269
PaísEstonia
CondadosCondado de Tartu
Concello ruralNõo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTõravere (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude74,6 m Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBkosmos.ut.ee Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Observatorio de Tartu (en estoniano: Tartu Observatoorium) é o maior observatorio astronómico de Estonia. O 1 de xaneiro de 2018, o Observatorio de Tartu uniuse de novo á Universidade de Tartu, e o observatorio é agora un instituto da universidade. Está situado no outeiro de Tõravere, a uns 20 km ao suroeste de Tartu, na parroquia de Nõo, no condado de Tartu.

O antigo Observatorio de Tartu, situado no centro da cidade de Tartu, é coñecido internacionalmente pola súa conexión con Friedrich Georg Wilhelm von Struve e o Arco Xeodésico de Struve,[1] do que é o primeiro punto de referencia.[2][3]

O Observatorio de Tartu foi fundado na Universidade Imperial de Dorpat (despois denominada Universidade de Tartu) que se volvera reabrir no 1802. O edificio do observatorio completouse en 1810 no outeiro de Toome en Dorpat. Os instrumentos foron instalados en 1814 por von Struve, quen posteriormente comezou as observacións. En 1824, chegou un refractor Fraunhofer de 9", o telescopio acromático máis grande do mundo da época.[4] Cando von Struve comezou a montar o seu arco xeodésico en 1816, a porta do observatorio converteuse no seu primeiro punto.

Edificio do antigo observatorio de Tartu.

En 1946, o rebautizado Observatorio de Tartu foi separado da universidade e quedou baixo a xestión da Academia de Ciencias de Estonia. As autoridades comezaron a buscar a nova base de observación en 1950 e, a tal efecto, asignouse unha parcela de terreo no outeiro de Tõravere comezando a construción en 1958.

Novo edificio

[editar | editar a fonte]

En 1963, rematouse o novo edificio do observatorio e unha parte dos astrónomos do antigo observatorio mudáronse a el e o telescopio reflector de 50 cm tivo a primeira luz. En 1964, celebrouse unha conferencia internacional e o Observatorio de Tartu pasou a chamarse Observatorio von Struve. Posteriormente, en 1974, entrou en funcionamento o telescopio de 1,5 metros. En 1995, o nome do observatorio pasou a ser Observatorio de Tartu e pouco despois, en 1998, se instalou un reflector de 0,6 metros e, en 2013, un telescopio robótico moderno de 0,3 metros.

O antigo edificio do observatorio agora serve principalmente como museo e forma parte dun centro público de educación científica.

Varios científicos notables estiveron, nalgún momento, asociados co Observatorio de Tartu como, por exemplo: Friedrich Georg Wilhelm von Struve, Johann Heinrich von Mädler, Thomas Clausen, Ernst Julius Öpik, Grigori Kuzmin e Jaan Einasto.

Equipamentos

[editar | editar a fonte]

O observatorio ten tres telescopios principais. O reflector Cassegrain de 1,5 metros, que é o telescopio óptico máis grande do norte de Europa e que se emprega para observacións espectroscópicas. O segundo e terceiro telescopio son reflectores de 0,6 metros e 0,31 metros para observacións fotométricas. Tamén hai un campo para unha colección de instrumentos meteorolóxicos no recinto do observatorio.

O Observatorio de Tartu tamén conta con laboratorios para a calibración radiométrica precisa da radiación infravermella de onda curta a próxima a UV; probas de baleiro, vibracións, temperatura e compatibilidade electromagnética.

  1. "Struve Geodetic Arc". whc.unesco.org (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2025. 
  2. "International Institution for the History of Surveying and Measurement". fig.net (en inglés). 2 de decembro de 2008. Consultado o 15 de abril de 2025. 
  3. Viik, Tõnu (setembro 2004). "How F.G.W. Struve started his ambitious project?" (PDF). viik.planet.ee (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2025. 
  4. Waaland, J. Robert (1967). "Fraunhofer and the Great Dorpat Refractor". ui.adsabs.harvard.edu (en inglés). Consultado o 15 de abril de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]