O vizconde demediado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O vizconde demediado
Título orixinalIl visconte dimezzato
Autor/aItalo Calvino
IlustradorSalvador Pereira
OrixeItalia
Linguaitaliano
Xénero(s)Novela, realismo máxico
EditorialItalia Giulio Einaudi Editore
Galicia Edicións Xerais
Data de pub.Italia 1952
Galicia 1988
Seguido porO barón rampante
TraduciónSilvia Gaspar

O vizconde demediado é unha novela fantástica escrita en lingua italiana por Italo Calvino e publicada en 1952 co título orixinal de Il visconte dimezzato. Foi traducida ao galego por Silvia Gaspar, e publicada por Edicións Xerais en 1988 con ilustracións de Salvador Pereira.

É a primeira parte da triloxía I nostri antenatti, continuada por O barón rampante e O cabaleiro inexistente.

Trama[editar | editar a fonte]

O vizconde Medardo de Terralba e o seu escudeiro Kurt (Curzio) marchan pola chaira de Bohemia para unirse ao exército cristián para loitar contra as tropas otomás. No primeiro día de batalla un soldado turco derriba ao pouco experimentado vizconde do seu cabalo. O nobre continúa loitando a pé, pero é partido en dous por unha bala de canón que o golpea no medio do peito.

Como resultado da lesión, o vizconde Medardo convértese en dúas persoas: Gramo (o Triste) e Buono (o Bo). Os doutores militares salvan a Gramo suturándoo á metade, e axiña regresa a Terralba. Pola súa parte, Buono é atopado por un grupo de ermitáns no medio dunha pila de corpos, cúrano e axúdano a recuperarse. Logo dunha longa peregrinación, Buono regresa a casa.

Gramo vive no castelo, causando mal entre os habitantes dos seus dominios, mentres que Buono vive na fraga e axuda ás persoas menos afortunadas. Os dous namoran de Pamela, unha campesiña. Pamela prefire a Buono, pero os seus pais ordénanlle que case con Gramo. O día da voda casa con Buono porque Gramo chega tarde. Gramo reta a Buono a un duelo, no que os dous resultan gravemente feridos.

Trelawney, o doutor da vila, cose ambos corpos, e o novo vizconde adopta o bo das dúas figuras, vivindo feliz o resto da súa vida xunto a Pamela.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa polo sobriño orfo do vizconde. Trátase dun narrador omnisciente, pois coñece os pensamentos dos diversos personaxes e as accións que ocorren lonxe del.

Tempo e espazo[editar | editar a fonte]

A acción desenvólvese a mediados do século XVIII.

O espazo onde ten lugar a acción principal é o Xenovesado, segundo lle di o vizconde ao emperador. Trátase dunha zona costeira, pois alí preto se achega o capitán Cook para levar o doutor.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Medardo, o vizconde de Terralba.
  • O narrador, o rapaz sobriño do vizconde. Foi criado na vila pero afastado da corte.
  • Dr. Trelawney, un médico inglés, que navegou xunto ao capitán James Cook. O seu nome fai referencia ao personaxe da novela de Robert Louis Stevenson A illa do tesouro.
  • Pamela, unha pastora.
  • Sebastiana, a señora que criou o vizconde.
  • Pietrochiodo, carpinteiro da corte.
  • Ezequiel, líder da colonia hugonote.
  • Esaú, fillo de Ezequiel.
  • Aiolfo, o antigo vizconde, pai de Medardo.
  • Curzio, o escudeiro do vizconde.