Saltar ao contido

O viaxeiro astral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O viaxeiro astral
Imaxe
 Instancia de
 Título
The Star Rover (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Obra derivada
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Tradutor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
1915 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF309274412 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL74497W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026rq4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O viaxeiro astral é unha novela do escritor norteamericano Jack London, publicada en 1915 por primeira vez no Reino Unido como The Jacket e posteriormente como The Star Rover. Foi a súa derradeira novela, e foi publicada en lingua galega en 2007 por Editorial Galaxia, traducida do orixinal inglés por Xoán Abeleira[1]. Narra historias de reencarnación.

O conxunto da historia é contada en primeira persoa por Darrell Standing, un profesor universitario preso con cadea perpetua en San Quintín por asasinato. Os traballadores da prisión tratarán de acalmalo mediante a tortura da chamada "chaqueta", unha camisa de forza. Mais será capaz de non sentir a dor que esta lle causa entrando nunha especie de estado de transo, autohipnotizándose, o que os parapsicólogos chaman desdobramento e que, na linguaxe mística, é coñecido como viaxe astral, fórmula coa que acabará andando entre as estrelas e revivindo experiencias das súas anteriores vidas.

As descricións do uso da camisa de forza no cárcere son reais, descritas por Ed Morrell a Jack London, que ademais de ser un personaxe do libro, quen lle conta ao protagonista como viaxar, foi un ex convicto de San Quintín, que coma o protagonista, pasou cinco anos continuos nunha cela de illamento.

As distintas vidas que o protagonista revive, son en conxunto unha serie de relatos curtos ben escritos, aínda que descontinuos e sen resolver.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]
  • The Star Rover (filme de 1923): unha película muda.
  • The Jacket (filme de 2005): o director comentou que o filme estaba "lixeiramente baseado nunha historia real que se converteu nunha novela de Jack London.[2]
  1. O viaxeiro astral Arquivado 04 de xullo de 2012 en Wayback Machine. en www.editorialgalaxia.es
  2. Donald Clarke (13 de maio de 2005). "Full Mental Jacket" (en inglés). The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]