O soldadiño de chumbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O soldadiño de chumbo
Bertall ill Intrepide Soldat de plomb Le Couple.png
Título orixinalDen Standhaftige Tinsoldat
Autor/aHans Christian Andersen
OrixeDinamarca
Tema(s)Conto
Xénero(s)Conto de fadas

O soldadiño de chumbo[1][2] é un conto de fadas escrito polo escritor e poeta danés Hans Christian Andersen (1805-1875), famoso polos seus contos para nenos. Foi publicado por primeira vez o 2 de outubro de 1838.

Resumo do conto[editar | editar a fonte]

No día do seu aniversario, un neno recibe un conxunto de soldadiños de chumbo nunha caixa. Un deles ten só unha perna, pois non houbo suficiente metal para darlle forma completa. Preto de onde foi pousado, encóntrase unha fermosa bailarina de papel, tamén apoiada nunha soa perna e o soldadiño namórase dela. Pero á noite, un trago aparece nunha caixa negra de sorpresas, e prohíbelle ollar para ela. O soldado ignórao, pero el ameázao con vingarse, o que ocorre cando ó día seguinte, o soldadiño cae dunha fiestra e vai parar á rúa.

Dous nenos atópano e colócano nun barco de papel que é engulido por un bueiro e máis tarde por un peixe. O peixe é capturado e colocado sobre a mesa, sorprendentemente, na mesma casa de onde saíra o soldadiño, quen está feliz por ver de novo a bailarina; pero inexplicabelmente, o neno de repente tírao á cheminea. Ó mesmo tempo, un refacho de vento lanza tamén á bailarina as chamas, consumíndose os dous á vez. Cando ó día seguinte, unha empregada vai limpar a cheminea, descobre que a soldado tornouse nunha figura en forma de corazón.

Publicación[editar | editar a fonte]

O soldadiño de chumbo foi publicado por primeira vez o 2 de outubro de 1838 por C.A. Reitzel en Copenhaguen na colección Contos de fadas contados para nenos. Nova colección. Primeiro tomo. 1838. (Eventyr, fortalte for Børn. Ny Samling. Første Hefte. 1838.). Foi reeditado o 18 de decembro de 1849 en Contos de fadas. 1850 (Eventyr. 1850.) e de novo o 15 de decembro de 1862 na colección Contos e historias de fadas. Primeiro tomo. 1862. (Eventyr og Historier. Første Bind. 1862.).Eventyr og Historier. Første Bind. 1862.).[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra. Existen múltiples traducións ao galego, entre elas a de Valentín Arias publicada como volume exento por Edicións Xerais en 1984.
  2. Fichas coas traducións existentes en Bitraga. Outros tradutores da obra (sempre titulada O soldadiño de chumbo) foron Rosa Mª García Vilariño, Avelino Hermida, Xavier Senín ou Isabel Soto.
  3. "Hans Christian Andersen: The Steadfast Tin Soldier". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]