Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "O romance de Ponthus e Sidoine")
Ponthus e o seu séquito disfrazado de homes salvaxes na voda de Sidoine e Genelet, ilustración dun manuscrito encargado por Margarida de Savoia ca. 1475 (Heidelberg, CPG 142, fol. 122r).

Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (en francés Le roman de Ponthus et Sidoine) é unha narración en francés antigo e en prosa das aventuras de Ponthus, príncipe galego, polos reinos de Galicia, Bretaña e Inglaterra.

Características[editar | editar a fonte]

Trátase dunha obra anónima francesa escrita a finais do século XIV ou a comezos do XV, seguindo a tradición da literatura de cabalarías; non obstante, presenta un ideal moral e político a xulgar polas súas ensinanzas e mais un certo estilo didáctico. É unha conversión á prosa dos versos do Romance de Horn, do século XII, dun autor anónimo anglo-normando que se chamaría Tomás. Daquela "O Romance de Ponthus e Sidoine" foi popular e así o testemuñan os manuscritos conservados a día de hoxe tanto do texto como das súas traducións.[1]

Edicións[editar | editar a fonte]

Catalóganse 28 manuscritos e e 10 edicións, todos do século XV. Existe tamén varias traducións noutras linguas. Ao galego foi traducido por Paulo Nogueira Santiago co título de Ponthus e Sidoine, reis de Galiza e Bretaña (Ed. Toxosoutos, 2006) e por Henrique Harguindey co título de Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña (Ed. Rinoceronte, 2016).

Legado[editar | editar a fonte]

No álbum Un galicien en Bretagne Carlos Núñez réndelles homenaxe a estes dous heroes. Xosé Luís Méndez Ferrín inspírase neste romance medieval na súa novela Bretaña, Esmeraldina (1987).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos recollidos na publicación crítica de Marie-Claude de Crécy en 1997 : Anónimo (1997). Le roman de Ponthus et Sidoine. Librairie DROZ S.A. Genova. ISBN 2-600-00195-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.