Saltar ao contido

O pudin máxico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pudin máxico
Ficha técnica
Título orixinalThe Magic Pudding
DirectorKarl Zwicky
ProdutorGerry Travers
Paddy Conroy
Bruce Davey
Carmel Travers
Edward Trost
GuiónHarry Cripps
Greg Haddrick
Simon Hopkinson
Baseado enThe Magic Pudding de Norman Lindsay
IntérpretesSam Neill
Geoffrey Rush
Hugo Weaving
Jack Thompson
Toni Collette
John Cleese
MúsicaChris Harriott
MontaxeRichard Hindley
EstudioEnergee Entertainment
New South Wales Film and Television Office
Australian Broadcasting Corporation
Premium Movie Partnership
DistribuidoraAustralia 20th Century Fox
Galicia Filmax
EstreaAustralia 14 de decembro de 2000
Galicia 28 de xuño de 2002
Duración80 minutos
OrixeAustralia Australia
XéneroAnimación
Orzamento12 millóns de dólares australianos (estimado)
Recadación1,1 millóns de dólares australianos
Na rede
IMDB: tt0163080 Allocine: 29133 Rottentomatoes: m/the_magic_pudding Allmovie: v232904 TCM: 532386 Editar o valor en Wikidata

O pudin máxico (título orixinal en inglés: The Magic Pudding) é un filme australiano de animación de 2000 dirixido por Karl Zwicky. É unha adaptación solta baseada no libro homónimo de 1918 do autor Norman Lindsay.[1] O elenco de voces está composto por Sam Neill, Geoffrey Rush, Hugo Weaving, Jack Thompson, Toni Collette e John Cleese. O filme foi producido por Energee Entertainment, un estudio australiano que tamén produciu a serie de televisión Wicked!. Energee pechou en 2002 por mor das perdas financeiras de O pudin máxico.[2][3]

Bunyip Bluegum, un koala noviño que sempre pensara que era orfo, descobre que pode que os seus pais estean vivos, polo que comeza unha viaxe para atopalos. Na súa viaxe coñece a Bill Barnacle, un mariñeiro en terra; a Sam Sawnoff, un pingüín amestrado; e a Albert, un pudding que se rexenera constantemente e ao que lle encanta ser comido.

Personaxe Actor/actriz orixinal Actor/actriz de dobraxe
Albert, o pudin máxico John Cleese Luis Iglesa
Bunyip Geoffrey Rush Nacho Castaño
Bill Hugo Weaving Paco Barreiro
Sam Sam Neill Iñaki Baliño
Buncle Jack Thompson Miguel López Varela
Ginger Mary Coustas Chelo Díaz
Watkin Greg Carroll Carlos Couso
Patrick Dave Gibson Matías Brea
O tío Wattleberry Tuto Vázquez
Rumpus Bumpus John Laws Miguel Pernas

A película estreouse por primeira vez en Australia o 14 de decembro de 2000 e foi estreada nos cines pola filial local da 20th Century Fox. En España a película estreouse nos cines o 28 de xuño de 2002 baixo a distribución de Filmax, e foi dobrada a catro linguas.[4][5] Estas catro dobraxes tamén se distribuíron en DVD nos anos 2000.

Produción

[editar | editar a fonte]

A familia Lindsay rexeitara previamente moitas solicitudes internacionais para vender os dereitos de "O pudin máxico", preferindo esperar a que unha empresa australiana presentase a fórmula adecuada para a adaptación. Os aspirantes anteriores foron Rolf Harris, Jim Henson Productions e ata o propio Walt Disney. Finalmente, en 1997, os Lindsay venderon os dereitos cinematográficos a Energee Entertainment, unha das empresas de animación independentes daquela líderes do país.[6]

Recepción

[editar | editar a fonte]

A película foi lanzada con críticas mixtas e a maioría dos críticos percibírona como un intento errado de facer xustiza ao traballo de Lindsay.[6]

Críticos australianos, como Louise Keller, Andrew L. Urban e David Edwards, deron críticas positivas á película.

Despois fracaso de recadación, Energee entrou en dificultades financeiras. Foi posto en administración o 28 de xuño de 2002 e pechou definitivamente non moito tempo despois.

  1. "Western Animation » The Magic Pudding". tvtropes.org (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2024. 
  2. Torre, Dan; Torre, Lienors (2 de novembro de 2018). Australian Animation: An International History - Dan Torre, Lienors Torre - Google Books. ISBN 9783319954929. Consultado o 2022-07-09. 
  3. "Magic Pudding a Wicked shame". Afr.com. 2002-10-18. Consultado o 2022-07-09. 
  4. "La Voz de Galicia". Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  5. "La Voz de Galicia". Consultado o 20 de novembro de 2024. 
  6. 6,0 6,1 "The Magic Pudding - Review - Photos - Ozmovies". web.archive.org. 2020-03-17. Archived from the original on 17 de marzo de 2020. Consultado o 2025-01-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]