Saltar ao contido

O pacto dos lobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pacto dos lobos
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema de monstros, filme de suspense, filme histórico, cinema de kung-fu, cinema de aventuras, cinema de ciencia ficción, cinema dramático e filme de artes marciais Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua italiana e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aChristophe Gans Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJoseph LoDuca Editar o valor en Wikidata
GuionistaChristophe Gans e Stéphane Cabel Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaDan Laustsen Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a sonJean-Paul Mugel (en) Traducir e Cyril Holtz Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineDavid Wu e Sébastien Prangère Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a produciónGuy-Claude François Editar o valor en Wikidata
Deseñador/a vestiarioDominique Borg Editar o valor en Wikidata
Maquillador/aDidier Lavergne, Frédérique Ney e Benoît Lestang Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalBesta do Gévaudan e ataque animal Editar o valor en Wikidata
Ambientado enFrancia e Condado de Gévaudan Editar o valor en Wikidata
Época ambientaciónséculo XVIII Editar o valor en Wikidata
Narrador/aJacques Perrin Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeFrancia Editar o valor en Wikidata
Produtor/aSamuel Hadida e Richard Grandpierre Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraDavis-Films, StudioCanal, Canal+ e Universal Studios Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aMetropolitan Filmexport Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración2 horas e 17 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
Localización rodaxeCastelo de Issou e Catedral de Lectoure Editar o valor en Wikidata
Premios
Contacto
Páxina WEBbrotherhoodofthewolf.com Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt0237534 Filmaffinity: 652264 Allocine: 27764 Rottentomatoes: m/brotherhood_of_the_wolf Mojo: brotherhoodofthewolf Allmovie: v237147 TCM: 419974 Metacritic: movie/brotherhood-of-the-wolf TV.com: movies/brotherhood-of-the-wolf
Discogs: 653285 Netlix: 60022347 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O pacto dos lobos (en francés: Le pacte des loups) é unha película de ficción baseada nos feitos históricos referentes á Besta do Gévaudan. Estreouse en galego na TVG o 5 de novembro de 2009.[1]

Rexión do Gévaudan (sur de Francia), ano 1766. Xa fai dous anos que unha besta ten aterrorizada ás xentes da zona, cos seus ataques a persoas, en especial mulleres e nenos. As xentes falan dun lobo de colosal tamaño, quen sabe se un dragón... incluso se fala do Demo.

As noticias destes crimes inexplicables acaban chegando á Corte, a oídos do rei Lois XV de Francia, quen pon prezo á súa cabeza. Moitas son as batidas que se organizan, e moitos son os lobos asasinados, pero a Besta segue cometendo as súas horrendas carnicerías...

O cabaleiro Grégoire de Fronsac, home culto e de mundo, naturalista que traballaba para o rei chega ó Gévaudan unha noite de outono coa misión de facer un retrato da Besta, e eventualmente, disecala unha vez cazada. Pero non vén só: acompáñao Mani, un indio mohawk que coñecera en Nova-Francia, durante a Guerra dos Sete Anos. Ambos serán recibidos en casa do Marqués de Apcher e o fillo deste, Thomas, fará grande amizade con eles, guiándoos nas batidas e acompañándoos nos salóns dos nobres da zona. Nestas reunións coñecerán os herdeiros dos Condes de Morangias (a familia máis poderosa do lugar), Marianne e Jean-François, apaixonado da caza e das viaxes que perdeu un brazo en África.

Entre batidas e recepcións, chega o inverno, pero a Besta non deixa de matar... Ata que Louis XV, farto ante a falta de resultados, decide enviar ó seu lugartenente de caza, Antoine de Beauterne, quen mata un gran lobo que Grégoire de Fronsac debe disecar e enviar á corte, a pesar de estar plenamente convencido de que esa non é nin con moito a besta que están a buscar.

Grégoire de Fronsac é reclamado polo rei, quen lle prohibe volver ó Gévaudan; porén, e respondendo ás peticións de Thomas de Apcher, desobedece para participar nunha derradeira batida, que Mani liderará, utilizando ancestrais técnicas chamánicas. Pero nada lles preparara para o que van vivir...

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "O pacto dos lobos na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2015. Consultado o 20 de abril de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]