Saltar ao contido

O gran Lebowski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O gran Lebowski
 Título
The Big Lebowski Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
 Parte de
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Narrador/a
 Obra derivada
Publicación
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Selo discográfico
 Recadación
46.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
15.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
26 de febreiro de 1998 (Nova York)
6 de marzo de 1998 (Canadá, Estados Unidos de América)
19 de marzo de 1998 (Alemaña)
1998 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración117 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
 Puntuación da crítica
71/100 Metacritic (16 de xaneiro de 2026)
79% Rotten Tomatoes (16 de xaneiro de 2026)
7.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF217037277 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-294D-0000-4-0000-0000-P Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07bwr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0118715 Filmaffinity: 237285 Allocine: 16463 Rottentomatoes: m/the_big_lebowski Mojo: biglebowski Allmovie: v158880 TCM: 442771 Metacritic: movie/the-big-lebowski TV.com: movies/the-big-lebowski Netlix: 1181532 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O gran Lebowski (en inglés: The Big Lebowski) é un filme estadounidense escrito e dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1998. A historia do filme está ambientada a comezos dos anos 1990. Jeff Bridges interpreta a Jeff Lebowski, un desempregado preguiceiro dos Ánxeles alcumado "the Dude". Despois dunha confusión de identidade, the Dude é presentado a un millonario tamén chamado Jeffrey Lebowski. Cando a muller trofeo do Lebowski millonario é secuestrada, encárgalle a entrega do recate para asegurar a súa liberación. O plan vólvese en contra cando o seu amigo Walter Sobchak (John Goodman) fai por quedar co rescate completo. Julianne Moore, Steve Buscemi e John Turturro tamén son protagonistas no filme, xunto con Philip Seymour Hoffman, David Huddleston e Tara Reid en papeis secundarios. O filme ten unha narración no comezo e cara ao final realizada por un vaqueiro coñecido soamente como "The Stranger", interpretado por Sam Elliott.

Está vagamente inspirado na obra de Raymond Chandler. Joel Coen declarou: "Queriamos facer unha especie de historia de Chandler - segundo como se move de forma episódica, e como trata sobre os personaxes que intentan desvelar un misterio, así como ter unha trama irremediablemente complexa que é, en definitiva pouco importante."[1] A banda sonora orixinal foi composta por Carter Burwell, un colaborador habitual dos Irmáns Coen.

A recadación de O gran Lebowski foi decepcionante nos Estados Unidos, e recibiu críticas diversas na súa estrea. Co tempo, os comentarios do filme tenderon a ser positivos, e ó cabo converteuse nun filme de culto,[2] caracterizado polos seus idiosincráticos personaxes, as secuencias de soños, o diálogo pouco convencional e a banda sonora ecléctica.[3]

Estreouse en galego o 8 de novembro de 2003 a través da TVG.[4] A directora de dobraxe foi Charo Pena.

The Dude (Jeff Bridges), un vago que vive na cidade dos Ánxeles, un día é confundido por un par de matóns co millonario Jeff Lebowski, con quen só comparte apelido. Tras recibir unha malleira, inicia a busca do Gran Lebowski. Do seu encontro xurdirá un trato: The Dude recibirá unha recompensa se consegue atopar á muller do magnate.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Entre as cancións que soan na película, están unha versión feita por Gipsy Kings do tema de The Eagles "Hotel California".

  1. Stone, Doug (9 de marzo de 1998). "The Coens Speak (Reluctantly)" (en inglés). Indie Wire. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  2. Tobias, Scott. "The New Cult Canon – The Big Lebowski" (en inglés). AV Club. Consultado o 20 de Abril de 2011. 
  3. Russell, Will (15 de agosto de 2007). "The Big Lebowski: Hey Dude". The Independent (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2014. 
  4. La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003. Páx. 70
  5. "O gran Lebowski na TVG". TVG. 23 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.