O curioso caso de Benjamin Button (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O curioso caso de Benjamin Button
Título orixinalThe Curious Case of Benjamin Button
Autor/aF. Scott Fitzgerald
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)relato
Data de pub.27 de maio de 1922
TraduciónRafael Rodríguez Salgueiro
editar datos en Wikidata ]

O curioso caso de Benjamin Button[1] (no orixinal inglés The Curious Case of Benjamin Button) é unha historia curta escrita por F. Scott Fitzgerald que foi publicada na revista Colliers o 27 de maio de 1922. Posteriormente foi recollida na antoloxía Tales of the Jazz Age, que foi publicada ocasionalmente como The Curious Case of Benjamin Button and Other Jazz Age Stories.[2] Os dereitos de explotación da historia foron propiedade durante anos do magnate de Hollywood Ray Stark. Stark mantivo eses dereitos ata a súa morte no 2004, cando foron adquiridos a partir da súa propiedade e utilizados para a adaptación de 2008 O curioso caso de Benjamin Button, dirixida por David Fincher.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha da obra en BiTraGa Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Traducido por Rafael Rodríguez Salgueiro e publicado por Rinoceronte editora en 2010, como parte da colección de Relatos Contos da era do jazz
  2. F. Scott Fitzgerald (2008). The Curious Case of Benjamin Button and Other Jazz Age Stories. Penguin Classics. ISBN 0-14-310549-3.